Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

8 de junio de 2010

a política do “no, nunca, jamás”


A crise está a ser dura, longa e difícil. Sen dúbida a crise económica e financeira máis grave dos últimos oitenta anos. Difíciles e dolorosas son tamén as medidas de axuste que o goberno socialista está obrigado a tomar para protexer a nosa economía dos especuladores e evitar a quebra do euro. Medidas necesarias para evitar males maiores, como xa acontece en Grecia, e que poderían estenderse ó conxunto de Europa. Medidas inevitables, as mesmas medidas que outros países da zona euro están a tomar, con gobernos de tódalas ideoloxías, como Italia, Reino Unido, Francia, Portugal e mesmo Alemaña.
Son medidas difíciles para os empregados públicos e moitos pensionistas, pero imprescindibles para reducir o déficit que hoxe temos por mor do elevado gasto público. Un gasto público que o goberno socialista tivo que facer para evitar o peche de moitas empresas e manter o seu emprego, para incentivar a economía, para axudar ós concellos e para protexer a familias, pensionistas, discapacitados e parados diante dos envites dunha crise tan cruel, como inxusta.

Porque cando falamos das orixes do déficit público, estamos a falar da inversión pública (infraestruturas) e das políticas sociais(educación, sanidade, pensións e dependencia), e tamén de protexer a máis de 3 millóns de persoas que neste tempo perderon o seu emprego. Sen dúbida a prioridade deberá ser a recuperación económica e a creación de emprego, pero primeiro e agora hai que axudar ós que o perderon.

Porque este goberno en 6 anos incrementou o gasto social nun 50 por cento, as pensións mínimas nun 49, e o salario mínimo interprofesional nun 35. Porque no 2004 a pensión mínima de xubilación, con cónxuxe a cargo, estaba en 485 €uros, hoxe está en 725. Porque coa lei da Dependencia, como dereito universal de protección, hoxe máis de medio millón de persoas teñen atención pública, e iso hai que pagalo.

Son medidas difíciles e dolorosas, que teremos que complementar nos próximos días con outras, de carácter impositivo, dirixidas a aqueles que máis teñen en patrimonio e renda. Medidas difíciles unicamente explicables dende o interese xeral de España, e tremendamente dolorosas para quen as toma ou quen debe defendelas, convencidos de que neste momento temos que pensar máis no futuro deste país e o benestar dos seus cidadáns, que nos propios ou de partido, como está a facer lamentablemente o partido popular.

Entendo e comprendo as protestas de funcionarios e moitos pensionistas, pero non soporto o cinismo hipócrita dos populares que levan meses pedindo recortes, sen dicir onde hai que recortar e agora se colocan á cabeza da manifestación. En todo este tempo os populares están a escribir a súa Teoría e Práctica da Crispación, con total ausencia de propostas e saturación indecente de demagoxia.

Porque cando falamos de austeridade haberá que dicir que a débeda do concello de Madrid é, neste momento, a metade da débeda de tódolos concellos de capital de provincia xuntos, e que as Comunidades Autónomas máis endebedadas e con máis paro son Madrid e Valencia, curiosamente tamén actores protagonistas do culebrón gürtelliano, que contan coa colaboración inestimable de Galicia e Castela-León.

Rajoy vive a crise de todos como a oportunidade da súa vida, co pensamento único das eleccións. O mesmo Rajoy que con Aznar conxelou varios anos o salario dos funcionarios e o salario mínimo interprofesional, cando a inflación estaba no 4 por cento e as hipotecas por riba do 10, agora simula defender ós traballadores.

No PP teñen unha obsesión enfermiza, danar ó Goberno de Zapatero, non entenden que con tanta crítica destrutiva están a xerar máis desconfianza nos mercados financeiros e a prexudicar os intereses de España e as súas posibilidades de recuperación. Son os de sempre, os que nunca se acordaron das políticas sociais, son os da contra, instalados dende hai anos na estratexia do “no, nunca, jamás”.
.

1 comentario:

Xabier Pita Wonenburger dijo...

CITA DE MARCO TULIO CICERON

"El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado,
la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los altos
funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a
otros países debe eliminarse para que Roma no vaya a la bancarrota. La
gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa
del Estado."

Año 55 a.C.