Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

22 de junio de 2010

barbaridades PoPulares

A lideresa nacional asiste a un acto público do PP en Madrid e presume diante de Rajoy: “esta mañana ya hablé y he dicho barbaridades sobre la reforma light del Gobierno”. De novo un micrófono aberto, e xa son moitos, deixa en evidencia as malas artes destes patrioteiros populares, que levan o estandarte no corazón e a patria na carteira.

Está claro, existe unha campaña de acoso e derribo de Zapatero, perfectamente deseñada e planificada, e son perfectamente conscientes das moitas barbaridades que no día a día executan nunha sinfonía estridente de desprestixio e crispación, sen importarlles para nada o dano que están a facer ó país, á súa solvencia económica e ó benestar cidadán, porque prefiren o peor para España antes que apoiar ó Goberno.

Moitas barbaridades que a cotío temos que escoitar co obxectivo único de facerlle dano ó Goberno, falando mal de España e da súa economía e opoñéndose a calquera medida para saír da crise. E digo eu, que pensarán agora de Inglaterra ou Alemaña, ¿tamén son países tutelados e intervidos pola Unión Europea, ou perderon a súa soberanía económica?. Seguramente pensarán que despedir a 15.000 funcionarios alemáns é unha medida necesaria, que os recortes sociais en Alemaña, tamén en pensións e sanidade, son xustos ou que subir os impostos de todos é unha medida xustificada.

Como efecto colateral a crise está a mostrarnos a faciana máis dura da dereita española, desquiciada polas ansias de poder, que na mañá racha as súas vestimentas polas medidas de austeridade en España e pola tarde se felicita entusiasta dos recortes sociais en Alemaña e Inglaterra. Rajoy non entende que con tantas barbaridades están a xerar máis desconfianza nos mercados financieiros e a prexudicar máis os intereses de España e as súas posibilidades de recuperación.

Cando un dirixente está ensimesmado na inmediatez dos seus intereses e satisfaccións personalistas, desátase a paixón desenfreada dos dirixentes populares máis achegados por cubrir o seu cupo diario de barbaridades. Así o dobre discurso do PP e o seu comportamento hipócrita chegan ós límites da charlatanería convulsiva do que persigue o favor da xente con propostas populistas, pero á hora de demostralo, actúa de xeito temerario e oportunista.

O mesmo día que Rajoy lanzaba a súa proclama para reducir gastos na propaganda electoral, os veciños de Ferrol erguíanse coas vallas publicitarias do candidato do PP á alcaldía, tamén Aragón ou Cataluña amanecían tomadas pola carteleiría popular das súas candidatas, e Feijóo celebraba un macroacto no monte do Gozo e todo, un ano antes das próximas eleccións. Toda unha mostra de coherencia e seriedade, un comportamento “responsable” dos dirixentes do PP que non deixa de ser un despropósito, un derroche e tamén unha ofensa, porque nos queren tomar por parvos.

Nesta obsesión enfermiza do PP chea de barbaridades estratéxicas e críticas destrutivas, bótase de menos un mínimo de lealdade institucional, madurez política e compromiso de país, ó fío do que ten manifestado o ministro finlandés e tamén coordinador do PP europeo, Jyrki Katainen, no senso de animar ós partidos, tamén na oposición, a actuar de forma responsable , porque “no es tiempo de buscar réditos políticos a corto plazo”.
Coincido con Katainen, e coa maioría dos cidadáns, porque considero que nestes difíciles momentos temos que pensar máis no futuro do país e dos cidadáns, que nos propios ou de partido, como está a facer lamentablemente o PP. Mentres, Rajoy mira para outro lado, na máis absoluta indiferenza e instalado no pensamento único do non polo non, cautivo como está do síndrome da Moncloa perdida.

No hay comentarios: