Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

27 de abril de 2010

Feijóo, 1 ano de desgoberno

Cómprese un ano da chegada de Feijóo ó goberno, doce meses envolto no manto da adulación e coreado pola corte de opinadores agradecidos. 365 días instalado no discurso evasivo e irresponsable, impropio dun gobernante, que precisa dun inimigo exterior para distraer a atención sobre a súa inacción e incapacidade. .

En troques de gobernar para superar a crise, ten malgastado todo un ano do seu mandato, en desfacer logros do anterior goberno de Touriño e criticar as políticas do actual de Zapatero, que a pesares da brutal crise está a manter, en Galicia, investimentos que superan os 2000 millóns de euros anuais. Inútil intento de escapar da responsabilidade que ten como Presidente de Galicia.

Un presidente que ten abandonado a Galicia, un país que non se merece se lle diga que a situación económica non se vai a arranxar ata 2012, esperando que escampe o chaparrón, e mentras culpando a diestro e siniestro de cantos males acontecen, en permanente campaña electoral, agora parece que tamén pola sucesión que ten que chegar a Madrid.

Un desastre de goberno de dereitas que está a provocar un desastre a tódolos galegos e galegas. Porque elexiu mal ós seus Conselleiros, quizais non había outros mellores, pero o certo é que son demasiados erros cometidos e moitos conflitos evitables. Os de Cultura e Educación encabezan a lista dos despropósitos, danlle unha nota de cor. O do Territorio pendente de investigación, e ó fronte de Traballo unha Conselleira incapaz de gastar o seu orzamento nas políticas de emprego, máis de 120 millóns de euros, por non falar da súa implicación persoal nas contratacións fraudulentas ou o fomento da economía sumerxida.



Un ano perdido sen dúbida, no que temos retrocedido en calidade e cantidade, en benestar e progreso. En urbanismo, no rural, no mar, en educación, en sanidade, en benestar, en medio ambiente, asistimos un día si e outro tamén a un labor incesante de demolición e parálise. Cunha total falla de ideas, iniciativas e proxectos, temos un goberno adicado en exclusiva a derogar normas, paralizar actuacións, reducir servizos ou entorpecer o traballo dos outros, vexase mesmo coa autovía Lugo-Santiago.

Asistimos ó ano feijooniano onde tódolos indicadores económicos e sociais empeoraron: máximo nivel histórico de parados e mínimos na creación de emprego, reducción do gasto social, recortes bestiais no ensino, hoxe máis caro e menos público, na saúde pública, aumento das listas de espera, paralización da dependencia, retraso nas obras viarias, desamparo progresivo nas medidas de protección do territorio, da costa ou da paisaxe. É evidente que o seu plan de austeridade non sinificou máis que tixeira e máis tixeira nos gastos sociais, nos libros de texto, nos comedores, no número de mestres e de médicos, nas intervencións quirúrxicas, e na asistencia ós dependentes.

Este debería ser o debate político en Galicia, o labor de Feijóo como Presidente da Xunta. O moito que prometeron no seu día, o tanto que mentiron antes e despois da campaña e o pouco que están a facer para mellorar as condicións de vida dos galegos, porque mal que nos pese estamos diante dun ano perdido para os galegos, dun ano de desgoberno da dereita en Galicia.
.

No hay comentarios: