Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

10 de febrero de 2010

cajas e caixas

Á hora de delimitar responsabilidades pola situación de crispación, case que xeneralizada, que estamos a vivir en Galicia por mor das caixas, da lingua, do prezo do leite, das listas de espera, dos libros de texto, dos recortes no ensino, do parón eólico e acuícola, do paro galego, o recorte de dereitos, do control mediático, algo terá que ver o Goberno do PP de Feijóo, a piques de cumprir o seu primeiro ano.

O victimismo lastimoso e o chorique fraguiano, típicos da dereita galega, de pouco ou nada nos servirán para superar unha situación de crise económico-financieira que en Galicia se ve profundamente agravada por decisións anti-galegas e de retroceso social provocadas polos que agora mandan, que non gobernan, a golpe de decreto e abusan do seu poder para impoñer leis como a de caixas, visiblemente inconstitucional e feita á súa medida e para o seu proveito en menos de vinte días.

O vello recurso ó inimigo de Madrid utilizado por Feijóo para disimular a súa incompetencia e a inutilidade do seu Goberno non soporta a máis mínima análise racional, porque si Galicia non ten hoxe un Estatuto de primeira división é porque o PP de Feijóo bloqueou no seu día a súa reforma, impedindo así que teñamos un teito competencial similar a Cataluña ou Andalucía.

Un ano despois Feijóo e o seu goberno, ese gran descoñecido, téñense constituído nun verdadeiro problema para o futuro dos galegos. A súa cegueira política e ansias de poder fan que moitas das súas desfeitas reboten contra Galicia, obstaculizando o seu desenvolvemento como país e deteriorando a convivencia dos galegos e galegas.

Porque o debate das caixas que tenta impoñernos o Partido Popular responde a unha estratexia debidamente planificada polos señores Rajoy, Rato e Feijóo, coa intención de entregar nun mesmo paquete, con envoltorio de galeguidade, Caixa Galicia e CaixaNova a Caja Madrid, dentro do proxecto de constitución de “una, grande y popular” caixa de aforros española presidida por Rato. Estamos pois diante dun engano argallado no pasado verán nos despachos de Génova para controlar politicamente esta nova entidade financeira, que hoxe se ve confirmado nas reunións “de traballo” que están a manter nestes días na cidade imperial toledana representantes de Caixa Galicia, Caja Madrid e Bancaja.

Poderase xogar ó despiste e facer ruído mediático pero a verdade é que asistimos atónitos ó debate sobre os remedios, (fusión si, fusión non) que necesitan os enfermos, pero para nada se fala da súa doenza, da xestión que as levou á UCI do Banco de España.

Moitos galegos estamos a botar en falla algunha explicación dos seus sempiternos dirixentes Méndez e Gayoso acerca dos males acaecidos polos riscos que temerariamente asumiron en operacións especulativas e urbanísticas do Levante, Canarias ou Costa do Sol, e por qué non, tamén explicar a tódolos galegos como estas dúas entidades “galegas” se teñen convertido nun viveiro de emprego vitalicio e lucrativo negocio de familiares e achegados.

Eles son os auténticos responsables da situación actual, Feijóo e o seu partido serano da súa disolución en Caja Madrid. Por certo, aqueles que presumen do “pedigree” da galeguidade con exclusividade sectaria sería bo preguntarlles onde teñen a hipoteca ou a nómina, levariamos máis dunha sorpresa.

1 comentario:

Anónimo dijo...

EL ATENTADO DE FEIJOO
El Constitucional confirma el atentado de Feijóo contra los órganos de gobierno de las cajas gallegas. Un presidente de todos los gallegos no se dejaría llevar por su ambición para reformar una ley con artículos anticonstitucionales para privar de derechos a los miembros de una caja de ahorros que no está de acuerdo con su imposición de fusionar las dos cajas gallegas. Siguen existiendo en alguna parte del planeta repúblicas bananeras para personajes como Feijóoo. El fin NO justifica los medios. Basta de manipular y mentir. Aun hay muchos vikingos que entienden por la galleguidad algo muy diferente a lo que nos han querido vender: destruir 1.300 puestos de trabajo, cierre de 300 oficinas y politización descarada de las cajas de ahorros, por un encuentro de intereses entre el PP y el BNG. En realidad salen bien en la foto, son tal para cual, nunca la derecha estuvo tan cerca de la izquierda...