Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

21 de febrero de 2010

Esperanza en "La Maliciosa"

Hai uns días, Esperanza Aguirre, que se ten convertido nun dos clásicos populares máis disonantes, fixo boa gala da súa exquisita educación e solidez democrática ó afirmar con soltura de lideresa nacional, “hemos tenido una inmensa suerte de poder darle un puesto a Izquierda Unida quitándoselo al hijoputa...”, cando se refería ó seu “gallardo” compañeiro de partido, no máis elegante respecto institucional que a caracteriza.



Por certo fixo estas declaracións cando estaba de visita institucional nun pobo da serra madrileña, ó pe da Maliciosa. E que ninguén se confunda porque a Maliciosa non é un alcume malintencionado, trátase dun montículo na serra de Guadarrama.

Todo podería quedar nunha inoportuna anécdota de non ser porque outro insigne popular, Telmo Martín, candidato á alcaldía de Pontevedra, non dubidaba en utilizar semellante exabrupto verbal en referencia ós profesionais da comunicación, despois dun acto político.

Cando parecía que na casa popular gobernaba a calma chicha, un despistado micrófono revelaba a sangría fraticida que se vive en Génova 13, a modo de pesadelo por capítulos.

Son días nos que Rajoy valora as palabras da súa lideresa como “las pequeñas cosas de la vida”, e Feijóo cun tamén “así es la vida” consólase da súa estrepitosa derrota diante da dinastía Baltariana tras laminar dun boinazo ó seu candidato. Porque algo que non sabía Feijóo é que Baltar é o PP de Ourense, e o PP de Ourense non é nada sen Baltar. Aviso para navegantes, como dicía Don Pío Cabanillas, “cuerpo a tierra que vienen los nuestros”.

E polo que poida ser, un Rajoy impotente asiste impertérrito e mira para outro lado cando se confirma que o seu “ex-tesoreiro”, imputado no maior dos casos de corrupción política e persoal dos últimos anos, non só segue a manter o carné de militante do PP e o status de Senador, tamén conserva despacho, coche e secretaria na sede madrileña popular e segundo contan algúns medios a súa defensa diante do Tribunal Supremo está a ser costeada cos cartos do PP de Rajoy, contados por varios miles de euros. Por algo terá que ser, ou non?.

No hay comentarios: