Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

30 de diciembre de 2008

é moito o que nos xunta

Nun día propiamente de invernía galega, na cidade de Santiago o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, aceptaba a súa candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas de marzo. Cheo ata a bandeira no Pazo de Congresos, e moi a pesares dos rigores do temporal de neve que padecemos en demasiadas comarcas galegas e imposibilitaron a chegada de moitos militantes e simpatizantes socialistas a este acto de proclamación.

Explosión de xúbilo, agradecementos varios, espectáculo audiovisual rompedor, novas tecnoloxías aplicadas, milleiros de watios de luz e de son, e todo elo engalanado polo lema “ é moito o que nos xunta”, vestiron de festa este acto de proclamación do candidato Touriño e de confirmación do que ten sido e será o noso máis ambicioso proxecto para Galicia: Primeiro Galicia e Sempre Galicia.


Ser o partido máis antigo pero tamén o que hoxe ten máis futuro nesta terra é un orgullo dificilmente disimulable para calquera socialista galego, máis se cabe cando todo o noso tesón está en traballar polo futuro desta terra a partir de todo aquilo que nos une, que é moito máis que o que nos separa; e ben que o saben os cidadáns.

Porque é moito o que nos xunta, e todo o que nos une nos fortalece para seguir avanzando na modernidade do noso país, sen renunciar nunca ás nosas raíces, como mellor forma de construír tamén esa España plural e diversa que a grande maioría dos galegos e galegas queremos.

En momentos difíciles como estamos a vivir, nos que moitas familias de traballadores están a pasar dificultades, non estamos en condicións nin debemos engurrarnos, porque un paso atrás agora sería a aceptación voluntaria dunha grande frustración colectiva. De nada nos van servir nin o inmobilismo nin a resignación propios de gobernos pasados do partido popular, máis que nunca necesitamos gobernantes e presidentes inconformistas, capaces de liderar a rebeldía social e política contra esta tormenta financeira que preludia a caída do neoliberalismo económico internacional.

Dende hai tres anos Touriño e o seu goberno de maioría socialista está a protagonizar a maior transformación económica e social de Galicia, un cambio ás veces silencioso, tranquilo, pero sen dúbida un cambio profundo que arraiga nos corazóns e nas vidas de tódolos galegos e galegas, porque se fundamenta na confianza, na autoestima e na ambición de vivir mellor, atrás quedaron para sempre o clientelismo, a dependencia e o servilismo propios doutros gobernos e partidos que pensan, porque sempre o pensaron, que o poder lles corresponde por dereito natural e divina gracia.

Galicia avanza, si, pero tamén e non menos importante é que toda Galicia avanza, a rural e a urbana, a do interior e a costeira, a tradicional e a innovadora, en definitiva Galicia avanza, unida e aberta, e resulta xa imparable, con ou sen crise, porque en Galicia hai un Presidente, Touriño, de todos e para todos, garantía de equilibrio, respecto e integración, que responde diante dos cidadáns e se fortalece na súa decisión democrática soberana e galega.

Os votos dos cidadáns son verdadeiramente a nosa maior forza para reforzar este proxecto modernizador, social e de progreso iniciado nesta terra no 2005. Tódolos galegos e galegas sabemos que contamos cun Goberno galego totalmente implicado nesta tarefa, cun Presidente comprometido, e cun proxecto ambicioso e integrador para fortalecer este avance modernizador de Galicia, ónde primeiro Galicia e sempre Galicia, porque é moito o que nos xunta.

1 comentario:

Monica dijo...

Hola. Soy Mónica, coordinadora de LA PERONOSFERA en Argentina y te invito a revivir los mejores momentos del acto del PSOE en Bs. As.
http://www.sebalorenzo.com.ar/2009/02/08/tourino-en-buenos-aires-argentina/

www.peronosfera.ning.com
www.buenosairesperonista.blogspot.com