Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

17 de diciembre de 2008

e xa vai para trinta anos...

Seguramente o maior dos logros da nosa historia, o retorno da democracia á vida dos españois. Trinta anos xa de vixencia da Constitución aprobada no 1978, trinta anos de convivencia democrática, o período máis longo de paz que teñamos vivido. Celebramos trinta anos de consolidación e ampliación de dereitos cívicos e persoais, de grandes avances na igualdade plena de tódalas persoas e, tamén, dun desenvolvemento social, económico e cultural sen precedentes.

O espírito de concordia que permitiu a nosa transición á democracia xunto coas ansias e vontade de convivir pacificamente, fixeron do noso país un modelo a seguir no resto do mundo, todo un exemplo de confianza no diálogo, de tolerancia e respecto. Valores sen dúbida que seguen a ser os principios máis valiosos que temos para afrontar o futuro con determinación e confianza.

Tódolos días son bos para celebrar a cidadanía en liberdade. O seis de decembro, como data simbólica, danos de novo oportunidade para renovar o noso compromiso político e cidadán coa Constitución, e reivindicar a necesidade de seguir fortalecendo eses valores nun momento decisivo para España. Porque a Constitución, ademais de ser garante dos nosos dereitos e liberdades e recoñecer a nosa pluralidade ideolóxica e territorial, como norma básica de convivencia democrática tamén é o motor central do noso progreso común e benestar social.

Un progreso e benestar patrimonio común de todas e de todos, no traballo, nas institucións, na vida en xeral, tamén nos concellos que foron nestes 30 anos os gobernos máis achegados ás persoas, que atenderon e modernizaron todo tipo de servizos municipais dando así cumprida resposta ás necesidades máis diversas da cidadanía
.

No hay comentarios: