Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

27 de octubre de 2008

confianza para o emprego

O mundo participa dunha crise financeira internacional, provocada pola voracidade feroz do capitalismo yankee que ten xogado á ruleta rusa cos cartos de moitos traballadores, tamén da vella Europa.

E nesta crise do sistema, dous son os problemas fundamentais, a falla de confianza e o escaso crédito nos mercados. Diante desta máis que cambiante situación económica, o Goberno español ten adoptado medidas pensadas sempre en beneficiar máis a quen máis o necesita, familias, traballadores e pequenas empresas.

Hoxe a destrución do emprego aparece coma un dos mais graves problemas e principal preocupación deste goberno. Para empezar deberemos garantir as prestacións sociais ós parados, como ben se recolle nos presupostos do ano que ben. De seguido, traballar en sintonía cos axentes sociais para romper a tendencia e recuperar canto antes a senda da creación do emprego.

Nesta deriva atreveríame a sinalar que unha pronta e necesaria recuperación deberá pasar por confirmar a estabilidade do noso sistema bancario, incrementar a confianza dos cidadáns, favorecer a economía produtiva e, así, defender e incrementar o emprego.

O noso sistema financeiro ten evidenciado neste proceso de crise a súa solvencia e solidez, baixo o control e supervisión do Banco de España. Unha medida como a de fortalecer, máis se cabe, o sistema de garantía de depósitos, con 100.000 € por titular e entidade, supón que os cidadáns e empresas poidan confiar plenamente na garantía dos seus aforros. Resulta evidente que o modelo español de banca comercial tense revelado máis sólido e solvente que o modelo financeiro anglosaxón, por iso o mellor sitio onde os aforros dos españois están a salvo, son os bancos e caixas españolas.

Por outra banda, en momentos en que tódalas economías europeas se ven afectadas por unha importante restrición dos créditos a familias e pequenas empresas, o Goberno de Zapatero acerta en favorecer o financiamento de empresarios e cidadáns. Porque sen créditos non hai inversións e sen inversións non é posible actividade económica para que mañá poida haber crecemento e creación de emprego.

Esta necesidade de crédito na sociedade empresarial e familiar esixe decisións de grande calado como esta de crear un fondo de financiamento do sector bancario, con carácter temporal e plenas garantías de recuperación, que non teña costo para os cidadáns. Tratase de facilitar dende a responsabilidade do goberno que os mercados recuperen a normalidade e así axudar ó sostemento da actividade produtiva e ó financiamento de empresas e familias.

Hai quen dende a miopía política do interese partidista tratan de infundir desconfianza e medo na sociedade, dicindo que isto só servirá para rescatar bancos ou sanear o sistema financeiro español, como si é verdade ten ocorrido noutros países coma EEUU, Inglaterra ou Alemaña, que teñen iniciado procesos de intervención e nacionalización dos seus principais bancos.

Non é o caso español onde ningún banco ou caixa está en situación de risco, e porque estas medidas pretenden unicamente beneficiar ós cidadáns e ás pequenas empresas que nestes momentos teñen moitas dificultades de financiamento para saír adiante. Se o sistema financeiro non funciona, non pode funcionar a economía do país, nin a economía das empresas, nin o aforro dos cidadáns. E si as empresas non funcionan, tampouco se poderá recuperar a creación do emprego.

Por iso resulta tremendamente importante recompoñer a confianza dos cidadáns no sistema bancario español, camiño da recuperación da actividade económica para así poder trocar a inercia da destrución polas iniciativas da creación, no emprego. Neso estamos a traballar dende os gobernos español e galego.

Mentres tanto hai quen segue a predicar no deserto das ideas, esperando pescar algo no río revolto da economía aducidos como están pola teoría do canto peor, mellor. Son os que sempre se apuntan a un bombardeo e só pensan na conta electoral. Alá eles coas súas miserias.

1 comentario:

DELFÍN dijo...

Estou dacordo, aínda sendo un profano, en que o sistema financiero está "forte" en España, uns máis que outros, xa que senon non se entendería como hai Bancos españois que están comprando participacións de bancos en crise noutros paises.
O grande problema que vexo é a tolemia pola rendabilidade,... é de comprender nas empresas, e incluso que asuman riscos. Non é tanto nas familias. Ou sí. Xa que si me contan que invertindo en "tal" consigo o doble, pois ¿por qué non?. Agora o que esa persoa ten que asumir é o risco que supón. Se lle vai ben, pagará as comisións do broker e a facenda e todo ben, e se lle vai mal tirarase dos pelos e votaralle a culpa ao goberno.
¿Está controlado o sistema?, sí. ¿é suficiente?, se cadra non. Según o meu punto de vista houbo chiringuitos que caeron: Afinsa, Forum Filatélico, son exemplos. Os perxudicados están como están, e os responsables, algún xa saeu do cárcere.
Pero volvendo á conciencia individual e colectiva, a percepción é que eu coma cidadán teño todo o dereito de exisir prestacións, pero o meu deber de contribuir, xa mirarei de facelo polo mínimo. E cando é a hora de recoller a miña prestación fágoo según a miña aportación. Ahí aparecen as empresas privadas cos seus fondos de pensións, xubilacións, seguros de accidentes,... Un caso: tento subir a miña base de cotización na Seguridade Social, teño a mínima, e o xestor demóstrame que ese incremento se o fago nun seguro privado teño máis rendabilidade. Pura política comercial. Mentres eu non necesite desa prestación ese diñeiro vaino "manexar" a empresa privada. E se a empresa vai a piques, por unha mala xestión puntual ou sostida no tempo, ¿qué?.
Na Seguridade Social, apórtase tanto para ter unha prestación de baixa laboral ou xubilación, coma unha prestación médica. Si a teño que usar está ahí, senon estaranna usando outros, que tamén aportan ou aportaron.
Posiblemente hai que poñer tanta ou máis ansia en demostrar que a Seguridade Social é e será tanto ou máis forte coma estamos a decir do sitema finacieiro. Xa que a xente no pobo teme polas súas pensións, e a eso sí que lle teñen verdadeiro pánico.
Entre medias, hai moito que traballar, pero con boas políticas e de largo percorrido, sen medo e con claridade imos no bon camiño.