Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

11 de noviembre de 2008

as contas galegas

Véñense de presentar os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, as contas galegas, que destacan as prioridades de gasto dun goberno e dun Presidente por un proxecto modernizador económico e social de Galicia, e un compromiso inequívoco coas familias e as empresas do país.

Apoiar ás empresas galegas é apostar polo traballo dos galegos, coa ambición política de combater esta crise, e mentres esta dure, atender as necesidades dos cidadáns máis necesitados. Tratase de aportar solucións inmediatas e tamén de futuro, dende o rigor orzamentario, a austeridade no gasto e o sentido de país, nuns momentos de severas dificultades económicas.

Porque hai que favorecer o mercado do traballo, incentivando a contratación, promovendo a recualificación da man de obra e actuando con programas específicos para parados de longa duración, mulleres e xoves. Precisamente esta consellería, a de Traballo terá o incremento de gasto máis notable para o vindeiro ano, superando o 11 por cento.

Fundamental na creación de emprego será sempre a inversión e fortaleza das nosas empresas, e de xeito particular as empresas pequenas, familiares e autónomos. Fomentar con incentivos públicos a actividade empresarial e facilitar avais e préstamos que solucionen posibles problemas de liquidez ou dificultades no financiamento de novos proxectos, deberán ter o apoio decidido do goberno galego.

Ademais do emprego e o financiamento empresarial, os orzamentos para 2009 apostan pola modernización produtiva e as políticas sociais. Deste xeito o gasto social achegarase ó 60%, reflexo do que significa para un goberno situarse ó lado das familias, mantendo as prestacións sociais e dando prioridade ás políticas educativas e sanitarias. Tamén hai lugar para as medidas singulares de auténtica necesidade como a paga anual de 200 euros para pensións non contributivas, que afectará case que a 50.000 galegos e galegas que son os que máis o necesitan nos momentos de dificultade económica.

Provincias como a nosa xogan un papel importante no debuxo social e das inversións, tamén cando son amplamente consideradas nos Plans de Reequilibrio Territorial que os socialistas sempre defendemos, e o goberno de Touriño ten posto en marcha para a Galicia interior e rural.

A pesar desta crise o noso diferencial económico e de benestar con respecto a España e Europa ten mellorado nos últimos anos e mantense a expectativa da converxencia real, cun incremento do PIB superior á media española, uns niveis máis baixos de paro e unha inflación controlada, que permitiranos sen dúbida manter o volume de emprego e avanzar na evolución da produtividade. Isto ocorre así porque a economía galega está mellor preparada neste momento que outras do Estado para superar esta crise económica de ámbito global.

Elo non evita que a responsabilidade deste goberno o leve tamén a impulsar medidas adicionais para reactivar a economía canto antes, e sempre na dirección de fomentar o investimento empresarial, axilizar as obras públicas, e impulsar a vivenda protexida . Así é que tódalas medidas económicas e financeiras aprobadas polos gobernos socialistas de España e Galicia sentarán as bases da recuperación que tanto anhelamos. Porque nun momento como este estanse a cumprir as tres condicións esenciais para superar unha crise: austeridade no gasto, reforzo da protección social e incremento da inversión produtiva.

Nesta conxuntura difícil a tarefa máis importante que temos é traballar xuntos para saír dela e conseguir canto antes a recuperación económica, unha tarefa que debe ser común a calquera goberno, central, autonómico ou local. De aí que os socialistas decidiramos colaborar tamén alí onde somos oposición ó goberno, facilitando a aprobación dos respectivos presupostos municipais.

Queremos contribuír, dende os gobernos e tamén onde somos oposición, ó traballo de todos para superar o reto máis importante que hoxe temos, a crise económica, e contribuír coas nosas propostas a xerar emprego e manter as políticas sociais. Porque para os socialistas os presupostos non son só un instrumento político, sobre todo deben ser un instrumento de solidariedade e cohesión social.

Esta será a contribución dun partido socialista que hoxe, máis que nunca, xustifica e fortalece a súa razón de ser e facer política na defensa das persoas, de tódalas persoas, e na atención das súas necesidades, especialmente daquelas que por ter menos, sempre necesitan máis.

No hay comentarios: