Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

30 de junio de 2008

sen baixa-la garda

Cada día máis consideramos a inseguridade viaria coma un dos moitos riscos que asumen os cidadáns a cotío. A mellora da seguridade na circulación é, dende hai anos, un dos obxectivos ó que este goberno dedica máis esforzo, porque detrás de cada accidente de tráfico hai unha desgraza familiar.

A reforma da Lei de Seguridade Viaria, que trouxo o permiso por puntos, a modificación do Código Penal, que posibilita a prisión para graves delitos contra a seguridade viaria, o reforzamento dos controis nas estradas e, algo moi importante, o esforzo continuado por introducir a loita contra os accidentes de tráfico na axenda dos condutores, están a mellorar considerablemente a conta de resultados. E neste caso os números son importantes, porque cando os números descenden, as vidas non se perden.

Neste anos España está a reduci-la sinistralidade nas súas estradas. Así no que vai de ano neste país houbo 838 vítimas mortais, 200 menos que no mesmo período do pasado ano 2007, un 20 por cento menos. Pero non é suficiente mentres vidas e familias queden rotas pola conduta delituosa, imprudente e mesmo descoidada na condución dun vehículo a motor; porque estamos a falar de miles de mortos nas estradas, de miles de vidas perdidas, de miles de feridos, moitos deles con secuelas irreversibles. Por iso temos que seguir traballando na dobre certeza de que os accidentes poden reducirse e de que este goberno sabe como facelo.

O obxectivo final non pode ser outro que a protección mesmo da vida, evitando mortes innecesarias e accidentes provocados pola temeridade dalgúns condutores. Por iso, hoxe en día, ninguén discute que a ferramenta máis poderosa que temos para cambia-los comportamentos dos novos condutores está na firme decisión de introduci-la educación viaria na escola, con carácter obrigatorio e na conciencia de que ten que ser unha verdadeira aposta de futuro.

Para facer fronte ós desafíos da seguridade viaria e garanti-la integridade das persoas nas vías de circulación a través da vixilancia e control das mesmas, será tamén necesario acometer unha ampliación do número de axentes de tráfico da Garda Civil ata chegar ós 11.000 efectivos dedicados integramente para esta tarefa e seguir impulsando dende o goberno a mellora das súas condicións de traballo e vida.

Ó mesmo tempo, e sen baixa-la garda, hai que traballar por mellora-lo funcionamento do permiso por puntos, polo cumprimento efectivo e inmediato das medidas previstas no Código Penal, por intensifica-la seguridade dos motoristas e continuar mellorando as redes viarias coa construción de autovías, supresión de puntos negros e consolidación da inversión en seguridade e conservación das estradas.

1 comentario:

Unknown dijo...

Lucho douche a miña benvida ao mundo blogger. E alégrome porque te animaras a facer un blog. E felicítote polo traballo que estás facendo como Senador do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo. Un saúdo compañeiro.