Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

24 de junio de 2008

Reforma das facendas locais

A Constitución Española garante nos seus artigos 140 e 142 o principio de autonomía local e de suficiencia financeira dos concellos.

Xa vai para tres décadas da vixencia constitucional destes principios pero aínda hoxe existe unha ausencia total de planificación concertada dos recursos dos tres niveis de organización territorial: estatal, autonómico e local. A realidade é que a participación do mundo local no gasto público mantense practicamente estancado dende o ano 1985, en torno ó 13% do total.

Hai que recoñecer que na lexislatura pasada se aprobaron un importante conxunto de actuacións: medidas urxentes de Financiamento Local polas que se están a compensar anualmente, con 120 millóns de euros, ós concellos para facer fronte á diminución de ingresos municipais derivada da reforma do Imposto de Actividades Económicas (IAE), feita durante o goberno do PP de Aznar e Rajoy; a posibilidade legal de anticipar fondos da súa participación nos tributos do Estado; ou a creación dun novo fondo económico para os municipios de menos de 20.000 habitantes (tódolos concellos de Lugo agás a cidade).

Son sen dúbida importantes medidas que amosan o compromiso real do Goberno socialista co mundo municipal. Agora é o momento de continuar por este camiño e responder a unha demanda, ademais de xusta, histórica como é a reforma do financiamento local adaptado dunha vez por todas ás necesidades reais dos concellos.

Porque os gobernos locais están a desenvolver no día a día competencias que non lles pertencen e si corresponde a outras administracións do Estado, algo que afoga as xa de por si maltreitas

economías municipais, que en termos de xestión administrativa produce un crecemento incontrolado do gasto corrente, fundamentalmente nas áreas de xestión recoñecidas como “competencias impropias” dos concellos.

Cada día resulta máis necesario un gran pacto de estado entre Goberno Central, Comunidades Autónomas e Concellos, do que tamén participen as forzas políticas con representación parlamentaria. Unha reforma que para ser real, precisa da negociación, en paralelo, da reforma do financiamento autonómico, de xeito que dentro do respecto competencial se poidan ter en conta os xustos e históricos intereses das facendas municipais.

Todo elo cun obxectivo claro de modifica-la lexislación das facendas locais nunha dobre liña de garanti-los principios constitucionais de autonomía local e suficiencia financeira e de poñer en valor a xestión municipal. De facelo ben dependerá a calidade dos servizos que a cidadanía recibe do seu máis próximo xestor institucional, o concello.

No hay comentarios: