No ecuador da crise, o Goberno de España foi consciente de que unha das administracións que máis estaban a sufrir as consecuencias e que mellor podían contribuír á creación de emprego eran os Concellos.
O primeiro Plan de Investimento Local no 2009 contaba cunha inversión de 8000 millóns de euros e permitiu que os concellos realizaran obras de infraestruturas, equipamentos e servizos públicos, ó tempo que creaba emprego, máis de 400.000 postos de traballo, e mantiña a actividade económica de miles de pequenas empresas, máis de 14.000 en toda España.
Tamén nese mesmo ano aprobábase un Real Decreto que autorizaba ós Concellos a realizar operacións de endebedamento para financiar o seu déficit de tesourería a 31 de decembro, algo que permitiu aliviar os problemas de liquidez de empresas e autónomos, ó facilitar os pagos das súas débedas pendentes. Xunto cun adianto do pago do fondo especial de financiamento a favor de concellos con menos de 20.000 habitantes, cun montante de 60 millóns de euros.
Tralo éxito deste plan estatal de inversión e apoio ós concellos no seguinte ano 2010 comezábase un segundo Fondo para o Emprego e a Sustentabilidade Local cunha dotación de 5000 millóns de euros. Un plan que conseguía crear preto de 300.000 novos postos de traballo directos e miles de indirectos para minorar os efectos negativos da grave recesión económica.
Todo elo supuxo unha sobrefinanciación municipal que veu ben para axudar ós concellos a implantar nos seus territorios as novas tecnoloxías para favorecer o desenvolvemento dunha economía sostible social e medioambientalmente, que nos poida levar a un cambio de modelo económico, manter e xerar emprego e axudar a manter as prestacións sociais en tempos de crise.
Esta sobrefinanciación local supuxo na provincia de Lugo unha aportación do Goberno de Zapatero de 101.299.452 euros, nun tempo de gravísima crise económica e redución drástica nas arcas municipais. Pola contra o goberno galego do PP de Feijóo pouco ou nada ten feito, máis que reiterados anuncios que non veñen seguidos de ningunha medida económica, e unha redución drástica nas prestacións e dereitos sociais dos galegos, en políticas de emprego, educación, sanidade ou dependencia. Ben o contrario as medidas de axuste económico da Xunta de Feijóo ten reducido nun catro por cento os fondos anuais que recibían os concellos galegos.
Institucións locais, tamén gobernadas por socialistas, como a Deputación Provincial de Lugo que puxo en marcha Plans Estratéxicos na provincia con dotacións que superaron os 12 millóns de euros para equipamentos sociais e actividade económica que xeraran valor engadido e tiveran un retorno económico para os propios Concellos, e creación de novos postos de traballo a través das políticas activas, exemplo do Lugo Emprega, que ó final redundarán na creación de preto dun millar de empregos directos repartidos por todos, e digo todos, os concellos da provincia, sen ningún tipo de distinción colorista nin partidaria, como nos veñen acostumbrando os gobernos da dereita coas subvencións, obras e empregos.
Poñamos por exemplo os concellos de Bóveda (1.719 - 493.266), Páramo (1.733 - 500.619), Samos (1.743 - 501.346) e Cervantes (1.780 - 518.797), e consideremos na primeira cifra o número de habitantes e na segunda os euros que recibiron do Estado durante 2009 e 2010, pola decisión política do goberno socialista de Zapatero. Bóveda e Páramo con alcaldes do PP reciben con poboación semellante a Cervantes e Samos, gobernados por socialistas, cantidades tamén semellantes. Reparto equitativo e xusto, sen trampas nin cartón; nunca unha política de inversións ou subvencións ten sido máis transparente, eficaz e democrática. Reparto criticado polos dirixentes do partido popular, pero non polos seus alcaldes que se viron durante este tempo reconfortados e recoñecidos polas medidas municipalistas do goberno socialista de Zapatero.
Sen dúbida un esforzo extraordinario do goberno socialista, un Plan que en dous anos supuxo un investimento municipal de 13.000 millóns de euros, o maior esforzo inversor da democracia nos concellos deste país, un compromiso económico e social pola recuperación do emprego e a saída de crise. Algúns serán recoñecidos por todo o que traballaron en tempos realmente difíciles, outros por todo aquilo que calaron e non fixeron
.
Alba de Groria (Castelao)
Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
10 de mayo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario