Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

28 de abril de 2009

sentirse máis seguros

A taxa de criminalidade en España está actualmente case 23 puntos por debaixo da media europea, así no pasado ano 2008 rexistráronse 47 infraccións penais por cada mil habitantes, fronte ós máis de 70 que supón a media da Unión Europea, e moi lonxe do que acontece en países coma Suecia, con máis de 120, Reino Unido, máis de 101, ou mesmo Alemaña que chega ás 76.
Unha diferenza que sería moito maior si deste balance excluíramos algúns novos tipos delictivos, contra da seguridade vial, que precisamente dende o ano pasado se incorporan ás nosas estatísticas de criminalidade e delincuencia.
Son afirmacións contundentes e “seguras”, recollidas no Balance de Criminalidade e Delincuencia do ano 2008 que hai uns días foi presentado polo ministro do Interior; datos que avalan e permiten que o noso país se presente hoxe coma un dos países europeos máis seguros.
No 2008 descenderon significativamente o conxunto das infraccións penais máis importantes, os delitos cometidos contra da vida, a integridade e a liberdade das persoas, contra o patrimonio, xunto tamén coas faltas con lesións e tamén os furtos. E precisamente estes tipos delictivos son os que representan case a metade de tódalas infraccións cometidas. Caben nesta serie algúns malos datos, os referidos ós roubos con forza en vivendas, que se teñen incrementado levemente, como tamén ten ocorrido cos delitos contra das persoas, que se explica fundamentalmente polo aumento importante das denuncias por malos tratos no ámbito familiar.
Polo tanto estamos diante dun bo e mellorable, de perseverar nas políticas activas de seguridade, comportamento das cifras de delincuencia criminal, algo que se debe en moi grande medida á considerable mellora nos indicadores de eficacia das nosas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Policía e Garda Civil, que están a pasar polo seu mellor nivel de eficacia policial. Eficacia policial que fixo que o número de delitos resoltos e detencións practicadas presentaran nese tempo os mellores resultados da última década.
Durante o 2008, Policía e Garda Civil esclareceron 339.150 delitos, acadando un nivel de casos resoltos que supera o 38 por cento, cando sete anos atrás apenas acadaba o 26 por cento. Eficacia policial especialmente intensa dende hai cinco anos, na que inciden positivamente un especial reforzo e aumento dos efectivos policiais, que hoxe pasa dos 142.000 axentes, 24.000 máis que había no 2004, así como o incremento no gasto en seguridade pública que neste tempo se ten incrementado nun vinte por cento, pasando do 0’49 ó 0’60 por cento do PIB español.
Esforzo intenso e continuado, dende hai cinco anos, en presuposto, medios e persoal, que ten multiplicado a propia capacidade investigadora das Forzas e Corpos de Seguridade, e tamén a súa labor preventiva, sobre todo naqueles asuntos relacionados coa posesión e consumo de drogas, que acochan directa e incisivamente nos colectivos máis febles da sociedade, os nosos rapaces. O plan de prevención de tráfico e consumo de drogas nos entornos escolares e lugares de ocio, con tres anos de vixencia, está a dar bos resultados, con máis de 120 mil denuncias, 3.400 detidos e máis de mil puntos de venta desactivados.
Unha boa xestión da seguridade pública, de todos e para todos, como garantía plena da nosa convivencia en liberdade, que se ten reflectido na propia percepción que temos os cidadáns da inseguridade, unha percepción da inseguridade que actualmente se sitúa nos niveis máis baixos nunca acadados.
Protexer, amparar e defender ós cidadáns ven a ser un dos máis altos e nobres obxectivos do goberno dun Estado democrático. Sentirse máis seguros para ser máis libres, así o entendemos os socialistas.

1 comentario:

Pablo S. dijo...

Estades a crear un estado policial. Ou sexa, voltando a el, coma con Franco. Imitando o modelo sueco, que tanto lle gusta a Felipe González. Non das o dato do número de persoas na cadea: avergoñados deberíades estar. Tampouco falas dos numerosos delictos que non se denuncian porque non se confía nas forzas de seguridade e o seu 38% de resolución -vaia dato para sentirse orgulloso-.
A seguridade e a liberdade non conforman a ecuación que ti expós. Pero os ataques de embiguismo dos que vos decides socialistas -de salón, pois Pablo Iglesias rexeitaríavos- xa os coñecemos.