Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

30 de junio de 2010

reforma laboral

Coa chegada do verán agroman os primeiros datos positivos na dura e fonda crise que estamos a sufrir dende hai dous anos. Mal que lles pese a algúns, que ven nos males do país o seu medrar político ou negocio mediático. Todo apunta a que estamos a saír dos datos negativos propios dunha recesión e recuperar o camiño da recuperación, tan necesaria para crear emprego, primeiro dos problemas deste país.
Tras seis trimestres consecutivos de recesión, empezamos a crecer. Crece a produción industrial, mellora o consumo privado, o comercio minorista faino por primeira vez dende 2007, recupérase o comercio exterior, aumentan os ingresos tributarios despois de dous anos, aumenta a creación de novas empresas e soben o turismo, a compravenda de vivendas e tamén de vehículos. Resulta pouco relevante, pero tamén o paro baixa nos últimos meses e aumentan significativamente as afiliacións á Seguridade Social.

O Goberno de Zapatero ten adoptado neste tempo moitas medidas fronte á maior crise económica nunca coñecida, con capacidade de reacción e firmeza, diante de situacións inimaxinables e cambiantes, e sempre por diante doutros países, idealizados pola dereita española, Italia, Francia, Alemaña e mesmo Inglaterra.

Tomamos medidas difíciles e dolorosas para evitar o derrube das economías europeas, a desaparición do euro e o colapso do noso país. Porque había que reducir de xeito inmediato o déficit público. Agora temos que poñer tódolos esforzos na dirección do emprego.

Por responsabilidade de goberno e compromiso de país, temos que reformar o mercado laboral para crear un escenario social que nos permita crear máis emprego indefinido e acabar coa precariedade. Antes de aprobar esta reforma esgotamos tódalas posibilidades de consenso entre empresarios e sindicatos, foron moitos meses de negociación que non chegaron ó punto de consenso, pero que puxeron sobre a mesa medidas dunha e outra parte, moitas delas recollidas nesta proposta laboral.

Unha proposta de reforma que pretende reducir a temporalidade excesiva do noso mercado de traballo e incentivar os contratos indefinidos, incrementar as posibilidades de adaptación das condicións laborais á situación real das empresas mediante procesos de negociación entre empresarios e traballadores e tamén, clarificar as causas de despido por razóns económicas. Unha proposta que pretende mellorar a flexibilidade do mercado laboral sen prexudicar ós traballadores e que prestará unha maior atención ós colectivos de xoves e parados de longa duración.

Nesta ocasión Rajoy deberá aclarar dunha vez por todas a súa proposta de reforma laboral e deixarse de palabras demagóxicas, enganosas e valeiras de contido. Se quere outra reforma laboral que fale con claridade, escriba negro sobre branco e a presente no Parlamento para retratarse diante de tódolos españois. Rajoy non pode seguir a ocultar as súas verdadeiras intencións. Non pode pedir reformas, dicir que chegan tarde, votar en contra e non presentar unha alternativa.

Porque cada día máis vemos como na solución dos problemas de España nunca está o Partido Popular, nin se lle espera. Este país non se merece a irresponsabilidade dun partido que pretende debater sen ideas, confrontar sen alternativas, criticar sen propostas e gañar a costa do que sexa. Non se merece un partido de dereitas que por puro interese partidista se ten situado na dereita da dereita europea.
Co seu non a todo o PP tenta, un día si e outro tamén, empuxarnos a todos cara o abismo das calamidades, para así poder facerse coa caixa dos votos do descontento e o malestar. A súa ambición de poder non ten límites, abonando día a día o malestar da cidadanía, desprestixiando as nosas posibilidades e minando a credibilidade do noso país, convencidos de que o seu partido irá mellor, canto peor vaia España.

No hay comentarios: