Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

21 de septiembre de 2011

elexir ben

Estamos preto dunha importante decisión cidadán: elixir ós representantes que conformen a maioría parlamentaria para decidir o próximo Presidente de España e o seu goberno. Unha decisión libre e democrática sobre ¿quén queremos que goberne este país nos vindeiros catro anos?.

Teremos que pensar nas persoas, pero tamén nos seus valores e principios, no seu traballo e capacidade, porque fundamentalmente se trata de confianza e compromiso nun momento de extraordinarias dificultades, e non todos valen. Teremos que decidir co noso voto entre Rubalcaba e Rajoy .

Ningunha elección é fácil porque a cultura democrática da cidadanía esixe cada día máis e mellor, pero estas son especialmente difíciles para os socialistas que tivemos que afrontar, desde o goberno e sen axuda algunha, a máis dura e prolongada crise mundial que está a sacudir duramente á nosa sociedade, sobre todo no desemprego que fai que moitas familias o pasen mal. E non se lle escapa a ninguén que esta crise ten xerado un enorme malestar cidadán e moito medo e inseguridade polo seu porvir.

Un tempo de crise no que aprendemos que a política importa e importa moito e que non pode facela calquera, hoxe menos que nunca, por iso será tan importante tomar unha boa decisión para decidir ¿quén dirixirá a política española, Rubalcaba ou Rajoy?, ¿o que fai ou quen non fai?, ¿o que da a cara diante dos problemas ou quen se agocha no faiado esperando que escampe?, ¿quen explica o seu proxecto ou aquel que teme llo descubran?. Esta será sen dúbida a importante decisión que todos e todas teremos que tomar o vindeiro 20 de novembro.


Con seguridade que se teñen cometido erros durante estes anos de crise, pasoulle a tódolos gobernos europeos tamén ó americano, pero neste tempo non estivemos contemplativos nin ociosos e todo canto se fixo foi para protexer ós que menos teñen e non deixar a ninguén tirado polo camiño. Outros utilizaron tódolos males do país e problemas dos cidadáns en función dos propios intereses electorais, o seu desexo non mudou neste tempo: canto máis se alongue e agrave esta crise, moito mellor para o PP de Rajoy, máis votos na colleita dos males e desventuras.

Tamén coa desculpa desta crise aproveitan, alí onde gobernan, para desmontar o estado de benestar recortando dereitos cidadáns, mutilando a educación e a sanidade, paralizando a dependencia e abrindo tódalas portas á privatización dos servizos públicos. Rajoy está ausente nin fala nin fai, nunca di nada pero sabemos que sería así de chegar a gobernar. Non hai máis que mirar ós “popularismos” autonómicos de Feijóo, Cospedal ou Aguirre como laboratorio de probas do que podería ser un futurible mandato de Rajoy.

Os socialistas apostamos por unha educación e sanidade públicas e gratuítas, defendémolas sempre con dentes e uñas e seguirémolo a facer co noso candidato, porque Rubalcaba cre na democracia e no seu país e dende o primeiro día está a facer o que un candidato debe facer, escoitar á xente, elaborar un proxecto e explicalo á cidadanía.

Temos elexido un camiño a seguir, con obxectivos e compromisos, o primeiro deles e máis urxente loitar contra o paro, sabendo que educación e innovación son as chaves do progreso e que a creación de emprego vai a depender e moito do nivel de crecemento da nosa economía, aínda limitado. Por iso insistiremos en que a creación de emprego cunha economía máis sana e competitiva que garantice un futuro de progreso deberán ser as nosas prioridades absolutas, coa mirada social sempre posta na igualdade de oportunidades, na cohesión social e na loita contra todo tipo de discriminación, por ser estes os nosos máis prezados valores. Tamén un compromiso político de reformas que a nosa democracia necesita e a cidadanía demanda, camiño dunha democracia máis directa e participativa.

Dende hai semanas estamos a trazar ese camiño a seguir para os vindeiros anos e cos nosos candidatos empregaremos todo este tempo a escoitar, explicar e convencer da importancia que ten elixir ben entre Rubalcaba e Rajoy. Haberá que pensar moi ben a quen confiarlle a educación, a saúde e o benestar das nosas familias
.

1 comentario:

Xabier Pita Wonenburger dijo...

Tendrán algo que decir Barcón y Moreda???

NovaCaixa Galicia gastó más de 23 millones de euros en la salida de tres de sus ejecutivos.

Se repite la ecuación. Caja muy mal gestionada con directivos muy bien pagados. Primero se descubrió esta situación en la Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM) y ahora se ha destapado en NovaCaixa Galicia que ha pagado casi 24 millones de euros a sus tres exdirectivos.

El que ha sido director general durante apenas un año, José Luis Pego ha recibido alrededor de 11 millones en indemnización y sueldo vitalicio, el exresponsable del grupo inmobiliario Gregorio Gorriarán ha cobrado 7,5 millones y el exdirector general adjunto Javier García Paredes más de cinco millones, una cantidad inferior porque ha renunciado a parte de lo que le correspondía.

La entidad ha tenido que desembolsar más de 20 millones de euros a sus exejecutivos al mismo tiempo que recibe casi 2.500 millones de euros para sobrevivir.