Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

5 de abril de 2011

realidade ou ficción

Nestes días falouse moito da oportunidade ou non de que persoas extremadamente coñecidas, mediática e políticamente, anuncien as súas doenzas en público e diante dos medios de comunicación. No meu caso sempre primará o respecto á doente, á súa doenza e o desexo dunha pronta recuperación, e sempre por enriba de calquera interese persoal ou político. Dito isto, non me resisto a facer miñas algunhas consideracións que nestes días poñía negro sobre branco unha traballadora dun hospital público da capital, pola súa naturalidade e polo moito que ten de razón.
Esta cidadá reflexionaba sobre o que pode e debería facer unha sociedade moderna e consumista como a nosa, pero con tan pouco respecto polo seu entorno medioambiental, diante dun cada vez maior número de casos de cancro. Tamén escribía sobre a hipocrisía manifesta dos que por un lado venden como reclamo publicitario o seu paso pola sanidade pública e logo se empregan a fondo e a cotío no desmantelamento progresivo do sistema público de saúde, abrindo camiños a súa paulatina conversión en negocio privado e lucrativo.
Dicía ela que nestas ocasións hai unha rara mezcolanza de realidades e montaxes difíciles de separar, porque si ben certa é a doenza do famoso, ben certo é tamén que nestes casos desaparece todo tipo de problemas para ter probas en tempo record, operacións inmediatas, acceder ós mellores profesionais, escapar das listas de espera, ou dispoñer de espacios máis que suficientes. Eso sí, ¡...imos á pública…!. hai que dicilo ben alto e publicitalo mellor para que se saiba ben por todos.
Tentarei recoller as súas propias verbas, suficientemente elocuentes: ”...soy una limpiadora de la sanidad pública, y se lo que conlleva tener ciertos políticos entre nuestras paredes. Para ellos solos media planta bloqueada, para ellos solos los mejores médicos, cirujanos y fisioterapeutas, volcados al cien por cien, y para su exclusividad una sola limpiadora que se aburre religiosamente todo el puñetero día, teniendo que estar pendiente de cualquier cosa que pueda surgir. Se nos entrega un carro nuevo, porque no pueden ver un carro viejo, los cubos también son nuevos y relucientes, la fregona recién estrenada, la presa ídem de lo mismo, el palo de la fregona y escoba recién sacados del almacén. Que no falte un cepillo sin estrenar...”
E continúa dicindo:”...Volviendo a nuestra planta bloqueada y “super” vigilada, el carro, sus artilugios y la limpiadora al pie del cañón pero sin ser visibles. Solo si se precisa de nuestra intervención, saldremos del escondite que se nos asigna, para sigilosamente cumplir en el acto, sin la más mínima espera, la labor solicitada y desaparecer otra vez a esperar la siguiente alerta. Si vienen familiares, la Casa Real, famosos o políticos a visitar al paciente, a las limpiadoras se nos pide que nos esfumemos junto con nuestro material para no dañar la vista soberbia de toda esa gente. Se nos hace fregar una y otra vez todos los pasillos por donde se les pudiese ocurrir pasar esas ilustres visitas. Hay un tal despliegue tanto inútil como vergonzoso cuando tenemos un paciente de esa índole, que deberían sonrojarse pensando en cómo y cuánto perturban un lugar público que ellos utilizan como si fuese un palacio privado con todo y todos a sus pies”...
Con toda seguridade e polo que podo ler, cando todo felizmente acaba, do que sempre un se alegra, tódolos agradecementos serán para os dilixentes e sumisos xefes, mentres os traballadores do hospital permanecerán invisibles na compaña dos carros que se atascan, do vello cubo, da fregona rota ou trebellos malgastados. Todo volta á normalidade nun hospital público da capital que tivo en sorte, por uns días, dar acollida a tan ilustre persoeiro e ser foco de atención mediatizada.
“Todos los animales son iguales, pero algunos animales son máis iguales que otros”. Unha cita escollida da novela “Rebelión na granxa”, escrita por Orwell no 1945, e que a modo de sátira fai unha formidable análise da corrupción que nace do abuso do poder. Qué razón que tiña.
.

No hay comentarios: