Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

15 de abril de 2011

PPrograma oculto I

O debate político dende 2008 está centrado na crise económica. A súa persistencia no tempo, derivada do colapso financeiro internacional e do derrube do sector inmobiliario español, supón un aliciente para a oposición destrutiva e carroñera do partido popular, na que está ausente calquera tipo de proposta ou alternativa. A estratexia é sinxela: acabar con todo con tal de danar ós socialistas.

En todo este tempo non houbo ocasión clara de aproximarnos ás que poderían ser esas medidas alternativas do PP, o seu programa oculto está ven tapado e raramente imos coñecendo cal sería ese modelo alternativo da dereita para acabar con esta crise, ou ben qué medidas adoptará no suposto de acadar o goberno dentro dun ano.

Non hai moito escrito ó respecto, algún que outro despiste dos líderes populares ou declaracións do propio Rajoy aplaudindo as medidas adoptadas por Cameron en Inglaterra.

Nunha reconstrución aproximada do acontecido temos claro que os populares se opuxeron o maior plan laboral e de investimentos municipais durante os anos 2009 e 2010, que na primeira fase da crise reconfortou as economías municipais e supuxo que neses anos non houbera un millón máis de parados e pecharan centos de empresas, algo que neses anos aumentaría considerablemente o sufrimento social.

O ano pasado tivemos que tomar duras e difíciles medidas de contención do gasto público para reducir o déficit. Rajoy tamén se opuxo poñendo en grave risco a solvencia de España nos mercados internacionais, que se cebaban con Islandia, Grecia e Irlanda. Foi o tempo no que o PP nos sorprendía coa proposta de aumentar gastos e reducir impostos en nada menos que 12.000 millóns de €uros. Hoxe teríamos un país en quebra financeira e intervido polas autoridades europeas. Pouco importaba o crack español si con elo prexudicaban a Zapatero.

Finalmente, agora que estamos no momento da recuperación e temos que afianzar os piares da nosa economía tamén se opoñen ó cambio de modelo produtivo, pasar da especulación inmobiliaria ó crecemento sustentable. Neste caso tiveron unha ocorrencia monumental: recuperar de novo a dedución por compra de vivenda, que estivo xa na orixe da burbulla inmobiliaria que tanto nos ten prexudicado nesta crise.

Durante todo este tempo o PP de Rajoy non axudou para nada e se opuxo a canta medida se tomaba, e polo que sabemos ten a vista posta no modelo 1996, que nos levou ós desequilibrios estructurais que hoxe padecemos: sobredimensionamento do sector da construción, escasa productividade e forte endebedamento no comercio exterior.

Mentres o presidente do Goberno, Zapatero, adaptaba as súas políticas económicas e reformistas ás distintas fases polas que ten atravesado esta crise para superala canto antes, o líder da oposición, Rajoy, tamén adaptaba as súas contrapropostas, esencialmente dicir non e votar en contra, ás distintas medidas tomadas polo Goberno, unhas veces caendo en graves contradicións e incoherencias e outras poñendo en grave risco a solvencia da nosa economía. Ver para crer.

Chegados a este punto non sei que houbera sido peor para un socialista, estar como agora no Goberno loitando contra unha gravísima crise e traballando pola recuperación do país, ou estar na oposición vendo como un goberno do PP recortaba dereitos sociais e privatizaba servizos públicos a conta desta crise.

Deixarei pois para un segundo relato o que podería ser, polas pistas que nos dan, case sempre accidentais, o modelo alternativo da dereita española para o caso que dentro dun ano tiveran ocasión de gobernar
.

No hay comentarios: