Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

22 de marzo de 2011

como deus manda...

Hai días o goberno socialista aprobaba por Real Decreto un plan de emprego, incluído no Acordo Social e Económico asinado con empresarios e sindicatos, para impulsar a contratación de parados menores de 30 anos. Un plan que contempla reducións de ata o cen por cen nas cotizacións empresariais á Seguridade Social e intensifica tódalas accións relativas á súa orientación e formación profesional. Propostas para mellorar a empregabilidade dos xoves, a través dos chamados itinerarios individualizados que faciliten a incorporación ó mundo do traballo nun momento de incipiente recuperación da economía.

A resposta do candidato Rajoy foi a mesma de sempre: todo está mal, todo chega tarde, habería que facer un plan como Deus manda, porque a súa oposición fundamentalista se resume en cinco palabras: todo é culpa de Zapatero. E digo eu que si nestes meses aumentan os parados en Galicia e se reducen en Euskadi algo terán que ver as políticas laborais de Feijóo ou Patxi López.

Semella que non porque todo é culpa exclusiva de Zapatero, culpable de ter que xestionar unha crise que provocaron os mesmos que agora queren medrar en beneficios e asaltar o poder civil. Pobre Zapatero, porque “... me cae bien. Un hombre que está siendo tan denostado, tan agredido, creo que es una persona limpia y que está tratando de hacer lo mejor para este país...”.

Chegados a este punto, sen dúbida que esa marabunta de encrespados da dereita máis fanática que poidan estarme a ler, erguerán a mirada do diario para agraciarme cun “rojo de m...”, educados coma sempre e sen perder a compostura, polas comprensivas verbas adicadas ó Presidente do Goberno. Decepción grande que se levarán pois non me pertencen, aínda que así tamén o penso, que son do moi laureado e benquerido seleccionador Del Bosque, publicadas no País do 28 de novembro.

Comprensión, sinceridade e valentía, sen dúbida, moito máis nos atormentados tempos que corren pola obsesión máis que enfermiza que persiste na dereita mediática e mediatizada deste país de liquidar politicamente a Zapatero e facerse co poder a toda costa.

O falar non ten cancelas e os papeis dos “pepeis” poden con todo. Din que unha imaxe vale máis que mil palabras e a instantánea do candidato Rajoy na entrevista que lle fixo o amigo-editor Pedro J. Ramírez na súa tele de Veo7 pon ó descuberto unha considerable incompetencia e nula preocupación polos problemas da cidadanía.

Díxolle a P.J.: “... espere que lo he escrito aquí y no entiendo mi letra...”, reveladoras verbas do líder da dereita cando tentaba falar das súas receitas para loitar contra o paro xuvenil. Dificilmente se poderán entender os problemas dun país cando un non entende nin a súa propia letra. Acaso sería a fórmula do amigo-viaxeiro Feijóo de reducir o paro reclasificando ós parados de longa duración para logo sacalos das listas.

Pero para fotos exemplarizantes a do amigo-traxeado Camps na Convención que o PP celebraba na Mallorca do tamén amigo-palacego Matas, asinando un novo manifesto contra a corrupción, non sei xa por cantos van, onde só faltaba saber se tamén foi organizado polo amigo-comisionista Bárcenas, que dende hai anos e xunto co amigo-galego Crespo, corrían con tódolos eventos deste tipo, con propina incluída polos servizos prestados.

Coas fotos da Convención de Palma o amigo-consentidor Rajoy cumpre cos compromisos adquiridos durante todo este tempo de escarceos gürtellianos cos gobernos autonómicos de Madrid e Valencia. Surrealismo en esencia pura do papel cínico que todos eles están a xogar na rexeneración ética e moral da dereita española, ben certo é que a dereita pode con todo isto e máis, porque eles todo o fan como deus manda, e se non fora así, ¿para que demo están os confesionarios?.

No hay comentarios: