Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

8 de febrero de 2011

reformas necesarias

Un goberno que actúa cun grande sentido da responsabilidade nun momento de crise no que estamos na obriga de afrontar os problemas e tomar as decisións que o país necesita asegurar o seu progreso económico e social. Porque as reformas que debemos acometer son o instrumento imprescindible para crecer novamente, crear emprego e blindar tódalas conquistas sociais.

Sen dúbida estamos inmersos nun dos procesos de modernización económica e sostenibilidade social máis importante da recente historia democrática, da que vai depender a nosa prosperidade e benestar durante as vindeiras décadas. As reformas de hoxe son a garantía social de mañá, sabendo ben que nos próximos anos teremos menos traballadores con menos anos cotizados e haberá máis xubilados, que vivirán máis anos e co dereito tamén a disfrutar dunha pensión pública e digna. As contas son ben fáciles de botar .

Nestes días estamos a vivir momentos de extraordinaria importancia para o futuro do país, onde resulta vital un esforzo sen límites, de todos, para lograr o máximo consenso e contar co apoio e compromiso dos axentes económicos e sociais, tamén dos partidos políticos no acordo das reformas que necesitamos como país para garantizar o sistema público de pensións. Non sei se dará máis o menos votos, pero de conseguilo entre todos será un exercicio exemplar de responsabilidade política e social.

Non sorprende pero resulta lamentable que aínda así o principal partido da oposición se manteña estancado na política destrutiva do non polo non, do desgaste continuado do goberno e o desprezo absoluto por calquera política de Estado que poida avanzar na recuperación económica e a creación de emprego. Lamentable que non amosen ningún interese pola resolución dos problemas nin pola proposta de alternativas, viven obsesionados polos votos e as eleccións, alleos ós problemas dos cidadáns e celebrando os estragos da crise.

Estamos a ver a un Rajoy espectante que engorda de éxito, cebado polas enquisas do momento e as campañas insidiosas da dereita mediática. Todo isto ten o risco de pinchar polo camiño e estoupar de cheo cando os cidadáns teñan que decidir, de ahí o pánico terrible que anida en Génova-13, de que o tempo se lles acabe e non consigan nada, porque as eleccións coma os partidos xoganse ata ó final.

Mentres o Goberno actúa e decide, o PP de Rajoy e Aznar, instalado na máis absoluta das demagoxias, nin está nin se lle espera, nunha permanente e destrutiva actitude de pasividade indolente que un día si e outro tamén prexudica gravemente os intereses de España e para nada axuda á recuperación económica e do emprego.

Ós socialistas tócanos unha vez máis aceptar esta grande responsabilidade, sabedores da impopularidade de moitas das medidas pero convencidos de que as reformas de hoxe son a garantía de mañá, dun futuro de progreso e benestar, pensando unicamente no hai que pensar, no crecemento económico e na recuperación do emprego. Sabemos que as difíciles pero necesarias reformas que hoxe hai que facer en materia laboral para acabar co paro, incluíndo a negociación colectiva, no sistema público de pensións para podelas cobrar dentro de vinte ou trinta anos, tamén no campo das finanzas, para culminar o proceso de reestruturación das caixas, condicionarán o futuro económico e social de España nos vindeiros anos.

Porque é tempo de reformas e compromisos, este país necesita de políticos serios e responsables, tamén na oposición .

No hay comentarios: