Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

3 de febrero de 2011

in memoriam


Neste mércores asistía a un sentido acto de homenaxe a dous policías e doce gardas civís que no pasado ano perderon a vida en defensa dos valores propios dunha sociedade democrática e constitucional como a nosa, un acto obrigado para honrar e recordar a uns homes e mulleres que viviron e morreron na defensa da liberdade e seguridade de todas e de todos.

Un acto de Estado emotivo e sinxelo, celebrado na Moncloa e presidido polo Presidente Zapatero, que se ven celebrando dende 2007 cando por acordo do Consello de Ministros se instauraba o “Día de Homenaje a los miembros de las Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado fallecidos en acto de servicio”.

Todos eles iniciaron no seu día un camiño de servicio público, elixindo unha profesión que sen dúbida aporta grandes satisfaccións, pero que tamén esixe moitos sacrificios e supón graves riscos; un traballo asumido, digno e impagable polo que supón de esperanza nun país en paz e libre de temor, un compromiso que todos estamos na obriga de recoñecer e agradecer para facer xustiza á súa memoria, moito máis nestes momentos de incertidume política e dificultades económicas onde tamén debe quedar tempo para os ideais e principios, para os valores e os compromisos.

Nun momento tamén onde semella que estamos diante do principio do fin da violencia terrorista e onde se fai máis necesario que nunca a unidade de tódolos demócratas, con firmeza e determinación, e o apoio total e sen fisuras ó traballo dos policías e gardas civís.

Todos aqueles, a máis grande maioría, que cremos na liberdade e na democracia consagradas pola Constitución Española, proclamamos que nela non hai lugar para a violencia e o terror, por elo só cabe combater calquera tipo de violencia terrorista coa forza exclusiva do noso Estado de Dereito, onde xogaron e xogarán sempre un papel fundamental as nosas forzas e corpos de seguridade, os nosos gardas civís e policías. E dende a dobre certeza de que o fin definitivo de ETA chegará, pero que para sempre quedará entre nós a memoria de tódalas súas víctimas. Terminará a violencia, pero a memoria perdurará.

Porque seguindo a xusta costume de render homenaxe a quen ben o ten merecido, quedará a memoria de tódolos policías e gardas civís que como eles adicaron e perderon a súa vida por facer mellor, máis segura e máis libre a nosa sociedade e que se merecen que hoxe e sempre os recordemos, ós policías Rosa Crespo e José Jaldón, tamén ós gardas Juan José Bueno, Francisco Martín, Angel Giménez, Juan José Martínez, Miguel Jorge Piñeiro, José María Galera, Abraham Leoncio Bravo, José Gil, Francisco Morcillo, Francisco Javier Gómez, Bruno Meiriño e Ignacio Fernández. Penso que é xusto e obrigado.

Remato coas palabras do Presidente do Goberno no seu discurso, “que su recuerdo consuele a cuantos les conocieron y a sus familias, y que su ejemplo nos sirva de guía a todos”.

No hay comentarios: