Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

13 de diciembre de 2010

austeridade

Os socialistas nos diferentes gobernos central, autonómicos e mesmo locais estamos comprometidos coa saída desta crise, canto antes e canto mellor posible, tomando decisións, ás veces difíciles e dolorosas, pero que conveñen ó país. Pola contra os dirixentes do PP descansan e tratan de saborear os perniciosos efectos da crise económica como maná electoral chovido do ceo, agardando todo vaia a peor e lles chegue o momento de recuperar o poder.

Neste tempo pasan o día pedindo reformas e demandando austeridade e logo axitar as protestas contra toda canta medida reformista ou austera se propicia dende o goberno. Neste desmedido afán por descalificar ó goberno non dubidan en minar a confianza do país e denigrar a economía española tódolos días en todo lugar, sen un mínimo de responsabilidade e sentido de país. Rajoy cala cando se trata de defender a solvencia económica de España, e fala máis da conta cando debería estar calado para non xerar falsas incertidumes. Todo un “patriota”.

Hoxe xa coñecemos o modelo anti-crise do Pp a través das medidas que practica a dereita europea en Irlanda, Italia, Francia ou Inglaterra e tamén pola súa xestión en comunidades que gobernan como Galicia e Madrid: recortes sociais, privatización de servizos públicos e retroceso nas liberdades.

Austeridade é a proposta máis repetida por Rajoy neste tempo de crise. Pero unha cousa son as palabras e outra moi distinta os feitos: o goberno “pupularista” de Feijóo ten máis que duplicado a nosa débeda en menos de dous anos que leva na Xunta. De austeridade ten moito tamén de dicir a xestión do rexidor da capital de España, abanderado municipal do PP de Rajoy, que nestes momentos supera os 7.000 millóns de euros, para entendernos, dez veces máis que a débeda de Barcelona e máis da cuarta parte da débeda total dos máis dos oito mil concellos de España. Hoxe tamén sabemos que cando pasou varios anos pola presidencia da Comunidade de Madrid acumulou tamén unha débeda que superaba os 9.000 millóns de euros.

O que ten sido buque insignia do municipalismo popular semella navegar con rumbo fixo ó naufraxio por conta dos contribuíntes madrileños, e xa o están a pagar pois ó contrario do que sempre din os manuais populistas en Madrid non paran de subir os impostos nos últimos anos, o IBI máis dun 200 por cen e mesmo os vados un 300 por cento, e si falamos de obras faraónicas vemos como a remodelación da Casa Consistorial na Cibeles leva xa consumidos máis de 500 millóns de euros e todavía sen rematar, cual Cidade da Cultura dos tamén populares galegos.

As elevadas débedas do concello de Madrid son propias dun xeito de facer populismo do alcalde abanderado de Rajoy, son propias dun Gallardón megalómano, manirroto e demagogo. Si a historia fixo dun rei como Carlos III “o mellor alcalde de Madrid”, sen dúbida Gallardón quedará nos ____ castizos da Villa e Corte como o seu reverso.

Tamén o goberno “popularista” de Feijóo practica como ninguén o principio de austeridade no gasto social con recortes no gasto educativo: mestres, comedores, libros, transporte e mesmo unidades escolares; tamén en sanidade premiando as altas médicas para aforrar a conta da saúde ou recortando o catálogo de medicamentos en Galicia, deste xeito os galegos e galegas non teremos dereito ós mesmos medicamentos que ten un asturiano ou leonés, por obra e graza do austero Feijóo.


Neste país temos unha dereita que sabe e pensa o que quere e máis lle interesa, que nunca di realmente aquilo que pensa e sempre fai o contrario do que predica. Conclusión: a dereita española sempre fai aquilo que pensa máis lle beneficia.

No hay comentarios: