Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

16 de noviembre de 2010

plancontigo@mir.es

En materia de educación e seguridade, en materia de convivencia todo esforzo dunha sociedade será sempre pouco, porque traballar polo ensino é investir en capital humano, garantir a igualdade de oportunidades e traballar polo futuro. Por iso resulta imprescindible perseverar na confianza que como cidadáns debemos ter na educación e na prevención, partindo do papel fundamental que xogan a escola e o profesor na formación dos nosos rapaces e recoñecendo a necesidade de proporcionar espacios máis seguros para esta grande empresa.Porque non se trata dun plano de substitución de formadores e si dunha oferta de colaboración para acadar unha convivencia escolar segura, o Goberno de España, a través do seu ministerio do Interior, ven de crear un novo espacio de comunicación na plataforma social Tuenti, que permitirá ós nosos xoves ter acceso a través da rede a consellos e protección ofrecidos polos propios axentes da Policía Nacional e Garda Civil sobre seguridade e convivencia nos centros escolares.
Estamos a falar do Plan Contigo que pretende dar información especializada sobre problemas e riscos obxectivos que afectan ós nosos mozos e mozas, de motivalos na adopción de conductas sociais pro-activas e facilitar ós pais e profesores pautas de detección e reacción, tamén axuda inmediata nas situacións máis graves que poidan acontecer.
Unha iniciativa innovadora no campo das novas tecnoloxías que se suma a outras moitas que xa se viñan realizando a través do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, en funcionamento dende 2008, que ten como principal obxectivo dar resposta rápida e eficaz a todo tipo de cuestión relacionada coa seguridade dos nenos na escola e o seu entorno, consolidar unha cada día máis necesaria cooperación policial coa comunidade educativa, e promover a protección dos adolescentes diante posibles delitos.
Xunto a este traballo realizado polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado nos centros educativos, o Plan Contigo permitirá ós xoves, que diariamente se comunican a través da plataforma social de Tuenti, informarse de temas relacionados co acoso escolar, consumo de alcohol ou drogas, bandas xuvenís, actos de xenofobia, riscos de Internet ou violencia de xénero.
Un programa que xa está operativo, curioso que nos poucos días que leva en funcionamento teña máis de 40.000 usuarios rexistrados, a través dunha dirección: plancontigo@mir.es, que lles permitirá contactar con axentes policiais especializados e capacitados para resolver calquera tipo de dúbida ou situación acontecida, e por suposto de ser o caso, recibir axuda axeitada e inmediata.
Para poder valorar o alcance destes programas resulta de grande interese comprobar como durante o pasado curso escolar 2009/2010 os axentes da Policía e Garda Civil, moitas das veces en colaboración con axentes das Policías Locais desenvolveron preto de 25.000 actividades entre charlas, conferencias e xuntanzas en máis de tres mil centros escolares de toda España, tanto con persoal docente como coas propias asociacións de nais e pais de alumnos. Sen dúbida un labor de prevención que está a conseguir un significativo descenso nos delictos e faltas contra da convivencia escolar.
Este firme compromiso do Goberno por reforzar o traballo policial no ámbito da Xuventude e da Seguridade vese reflexado tamén noutras actuacións como o propio Plano Estratéxico de Resposta Policial ó Tráfico Minorista e Consumo de Drogas en Centros Escolares, que nos ten permitido combater de xeito eficaz o tráfico minorista de estupefacientes nos entornos escolares e lugares de ocio frecuentados por xoves, cun importante número de detencións e desactivación de puntos de venta, nos últimos anos
.

No hay comentarios: