Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

24 de noviembre de 2008

traballar polo emprego

Nestes días, inmersos como estamos nun proceso de crise económica global, tremendamente cambiante no día a día, estanse a tomar novas medidas de carácter social,; medidas de apoio ás familias e pensando de xeito moi singular no desemprego. Apoio ás familias que, como consecuencia do desemprego, están a ter dificultades serias para facer fronte ó pago das hipotecas, e tamén para atallar o problema de fondo, para favorecer a creación de emprego e a contratación laboral.

Meses atrás e diante das turbulencias da economía internacional e a crise do sector inmobiliario, aprobarase un amplo paquete de medidas con axudas directas ás familias (dedución de 400 euros, 2.500 euros por nacemento de fillo e ampliación das hipotecas a custe cero), acompañadas doutras ás empresas para reactivar a economía. Tamén para mitigar os efectos da quebra do sistema financeiro internacional medidas que garantiran o funcionamento das propias empresas, garantir o aforro dos cidadáns e acabar coa a ameaza dun posible e temido “corralito” español.

Hoxe son as dificultades económicas que atravesan moitas familias como consecuencia da perda do emprego que se está a producir como principal e máis grave consecuencia da caída do sistema económico liberal.

A resposta ten que ser inmediata, con medidas para que as familias afectadas e con maiores dificultades vexan incrementada os seus ingresos mensuais. Unha delas posibilitará que durante 2 anos os desempregados con cargas familiares poderán aprazar o pago da metade da súa hipoteca. Medida que tamén beneficiará ós autónomos con cargas familiares que teñan que pechar o seu negocio. Unha medida que beneficiará a máis de medio millón de familias españolas.


Tamén aplicar a redución das retencións do IRPF para adiantar mensualmente as devolucións por hipoteca. Ata o de agora cando se está a pagar unha hipoteca se recuperaba unha parte do imposto na declaración anual da Renda. Esta medida consistirá en adiantar mensualmente parte desta devolución, reducindo en 2 puntos as retencións por IRPF que están vixentes, e afectarán a case catro millóns de contribuíntes.

E por suposto o mellor que se pode facer por aquelas familias onde algún membro quedou sen traballo e activar medidas para favorecer o emprego, e nos próximos meses deberá ser esta a maior prioridade dos gobernantes, de tódolos gobernantes, con bonificacións das cotizacións sociais para empregos novos en sectores estratéxicos e innovadores, enerxéticos ou medioambientais. Tamén incentivar o fomento do autoemprego a través do cobro único do 60% das prestacións por desemprego.

Tamén en Galicia ten subido neste mes de outubro o paro, en algo máis de 11.000 persoas, en cifras por debaixo da media do Estado si, pero non por elo menos preocupante, ó acadar unha cifra total de 168.423 parados. De nada vala queixarse nin agachar a cabeza, a reacción da Consellería de Traballo é e debe ser inmediata cara a paliar estes efectos directos da crise económica no emprego. Así ven de poñer en marcha o Plan Contigo que dará resposta ós diferentes colectivos afectados, e así traballar por conseguir en Galicia as taxas de estabilidade comprometidas entre a administración, os empresarios e os sindicatos CC.OO. e UGT, compromiso recollido no Acordo polo Emprego, asinado en agosto deste mesmo ano.

Tampouco se pode esquecer o acordo recente entre Ministro e Conselleiro (Corbacho e Varela) que posibilitará a concesión dunha subvención de vintecatro millóns de euros á nosa Comunidade para o desenvolvemento don oso primeiro Plan Integral de Emprego. Instrumento que ten coma obxectivo posibilitar melloras substanciais en termos de actividade e ocupación nos mercados de traballo. Actuacións de formación, reconversión profesional de desempregados e ocupados, de orientación profesional e asistencia ó autoemprego, programas que combinen emprego e formación, contratación de traballadores desempregados en colaboración coas Corporacións Locais para a realización de obras e servizos de interese xeral e social, iniciativas de desenrolo local, programas de apoio ó emprego estable, a través da mellora da experiencia profesional e como non, programas de conciliación da vida laboral e familiar.

Traballar hoxe polo emprego é traballar pola seguridade e benestar de moitas familias, e debe ser o noso grande compromiso e prioridade. Non se pode entender outro xeito de velas cousas nestes momentos difíciles, non ten xustificación buscar proveito do mal alleo coma algúns políticos pretenden nestes tempos de máximo risco para o futuro dunha sociedade que debe porque pode afrontar as dificultades e saír adiante, sen deixar a ninguén tirado polas cunetas.

No hay comentarios: