Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

12 de noviembre de 2008

pasos a nivel en proceso de extinción

Cada día máis consideramos a inseguridade viaria coma un dos moitos riscos que a cotío asumimos os cidadáns. Non é de estrañar polo tanto que a mellora da seguridade na circulación sexa, dende hai anos, un dos obxectivos ós que este goberno dedica un maior esforzo.

É un feito irrefutable que a eliminación de pasos a nivel das nosas estradas e camiños produce maior seguridade, que se traduce nun menor número de accidentes. Resultado, menos vítimas e máis vida.

Neste caso os números son moi importantes, porque cando os números descenden, as vidas non se perden. Por iso temos que seguir a traballar na dobre certeza de que os accidentes poden reducirse e de que este goberno sabe como facelo e así se está a demostrar coa diminución continuada de accidentes de tráfico e do número de víctimas.

En temas de seguridade o obxectivo final non pode ser outro que a protección mesmo da vida, evitando mortes innecesarias. Por elo resulta vital, e nunca mellor dito o de vital, inverter na mellora das redes viarias e ferroviarias, coa construción de autovías e redes de alta velocidade no medio prazo, e procedendo de inmediato á supresión do maior número posible de puntos negros nas estradas e pasos a nivel nas vías. Nunha palabra, priorizar e consolidar a inversión pública en seguridade viaria e ferroviaria.

Con este propósito en abril de 2005 o goberno socialista de Zapatero aprobaba o chamado Plan de Seguridade en Pasos a Nivel, cun percorrido temporal de oito anos e unha finalidade, elevar o nivel de seguridade da rede ferroviaria española, conseguir un ferrocarril seguro sen accidentes nos pasos a nivel. Para elo preténdense suprimir o 60 por cento dos pasos a nivel existentes, e mellorar o grado de seguridade do resto, cunha inversión próxima ós 1.500 millóns de €uros.

Un proxecto ambicioso e de compromiso, porque a supresión dun paso a nivel require do acordo e cooperación entre o titular do ferrocarril, Ministerio de Fomento, e o titular da estrada ou camiño onde este se sitúa. E resulta curioso comprobar que tan só 21 dos 4.465 pasos a nivel existentes en España pertencen a estradas da rede estatal. O resto afecta a estradas e camiños de titularidade autonómica, local e nalgúns dos casos particular, polo que existe de facto unha responsabilidade compartida entre distintas administracións, o que fai que o compromiso das administracións titulares das vías sexa imprescindible para levar adiante tódalas actuacións necesarias para incrementar a seguridade nos puntos negros da nosa rede ferroviaria.

Un plan que ten un horizonte temporal de oito anos e que pretende actuar sobre máis de catro mil elementos construtivos necesita tamén un grande esforzo por racionalizar a inversión á hora de aplicar ben os necesarios recursos para actuar sobre aqueles puntos de maior risco. Ata o de agora unicamente existía un factor de avaliación do risco, que era a intensidade na circulación de trens e vehículos.

O Plan introduce novos criterios de risco, como son o historial de accidentes, a visibilidade, a protección do mesmo, e a velocidade no paso dos trens. E o resultado está a ser que nestes primeiros catro anos se ten actuado na supresión dos pasos de maior risco de accidente, e mellorado a seguridade do resto, con especial atención ós que se atopan nun entorno urbano.

A aplicación deste Plan de Seguridade en Galicia, coa inestimable colaboración da Xunta, merece algún apunte singular. No ano 2005 había na nosa comunidade 339 pasos a nivel (145 na provincia de Lugo), a maioría sen ningún tipo de protección nin medida de seguridade. Cando estamos no punto medio de inflexión deste Plan, téñense en moito superado as previsións, pois ó día de hoxe as actuacións xa finalizadas en 162 pasos e aquelas outras que se atopan en execución noutros 164 pasos, suman xa 326, que representan o 96 por cento dos pasos existentes en Galicia. E claro cando falamos de obras executadas, estamos a falar de inversións económicas, e neste caso de inversións en seguridade.

Hoxe ninguén discute xa o grande esforzo inversor que está a facer o goberno socialista de España na nosa comunidade, superando con moito os 2.000 millóns de euros anuais en obra pública. Trabuqueime, si hai quen o cuestiona, algúns dirixentes do PP galego, os mesmos que cando gobernaban invertían na nosa terra tres veces menos, pero tiñan amigos moi importantes en Madrid.

Cifras altas e relevantes que se han de traducir en novas autovías que unan as grandes cidades galegas, nunha rede de alta velocidade ferroviaria que conecte as capitais galegas con Madrid, pero tamén cifras pequenas, aquelas que melloran trazados e calzadas das nosas estradas e suprimen puntos negros e pasos a nivel que resultan lesivos no tráfico viario e ferroviario. Cifras que teñen aumentado considerablemente nestes últimos anos e deberán seguir aumentando, porque detrás de cada accidente de tráfico hai sempre un drama familiar.

No hay comentarios: