Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

12 de septiembre de 2008

plan educa3


A Lei Orgánica de Educación (LOE) aprobada por este goberno que contempla a educación infantil como unha etapa educativa e non asistencial, permitiu que neste ano, por primeira vez neste país, tódolos nenos e nenas de 3 a 6 anos, (case millón e medio) teñan asegurada unha praza escolar gratis nunha escola infantil. Obxectivo cumprido.

No último consello de ministros do mes de agosto aprobamos o chamado Plan Educa3 para que tamén nenos e nenas ata 3 anos reciban unha educación de calidade, algo que nos tempos que estamos a vivir representará un investimento social de máis de 1.000 millóns de Euros.

Un plan que educativamente aposta pola calidade e socialmente pola equidade, ó beneficiar máis a quen máis o necesita, e por falla de recursos familiares non podían acudir ás escolas infantís privadas.

Para valorar esta medida do goberno hai que ter en conta o índice actual de escolarización de 0 a 3 anos, por debaixo do 20%, e a crecente demanda de prazas, sobre todo por familias traballadoras que necesitan conciliar a súa vida persoal e laboral.

Estamos diante dun novo reto, unha educación tempérana que sen dúbida favorecerá o éxito escolar e reducirá o abandono prematuro. Un bo instrumento para corrixir desigualdades de orixe socioeconómico e por suposto unha grande inversión no capital humano deste país.

Este plano Educa3 contempla a creación de novas prazas e mellora das existentes, a través de investimentos directos do goberno e convenios coas CCAA. Prazas educativas que deberán respectar criterios de separación por idades, habitabilidade, espazos, hixiene, acústica, etc.

Haberá que facer un esforzo singular naquelas zonas nas que a poboación está moi dispersa, caso da nosa comunidade, e tamén aumentar a oferta de ciclos formativos de técnicos superiores no ensino infantil, para que estas prazas estean suficientemente atendidas por profesionais da educación.

En momentos de dificultades económicas medidas como esta marcan a diferenza entre un goberno socialista e un de dereitas, non só non se reduce o gasto público social, como aconsellan os “gurús do PP”, senón que se vai máis alá, cumprindo cos compromisos, axudando a quen máis o necesita e investindo en futuro, a través do coñecemento e a educación pública e de calidade.

No hay comentarios: