A Carta dos Dereitos Fundamentais recoñece a todo traballador o “dereito á limitación da duración máxima do traballo e a períodos diarios e semanais de descanso, así como a un período anual de vacacións pagadas”, con carácter xurídico vinculante dende a aprobación do Tratado de Lisboa en 2007.
No mes de xuño o Consello da Unión Europea aprobaba ampliar por enriba das 48 horas a semana laboral, un dereito social consagrado pola Organización Internacional do Traballo (OIT) hai 91 anos tras unha longa loita do movemento obreiro internacional.
O goberno socialista de España está a liderar a oposición máis radical á modificación regresiva da Directiva de Tempo de Traballo no Parlamento e Consello de Ministros da Unión Europea. A dereita non pode dar leccións nesta materia porque a maioría dos seus deputados europeos son o principal apoio desta proposta regresiva, pero tampouco teñen credibilidade aqueles que historicamente practican a política do “NON” por sistema á construcción europea.
Os que estamos na defensa dende sempre dunha Europa social dos cidadáns, levaremos tamén a iniciativa nos próximos meses para impedir que esta proposta conservadora poida ter éxito e saír aprobada.
Xa en maio de 2005, no Parlamento europeo se impuxera a posición española, defendida polos socialistas españois para rexeitar un primeiro intento de aumentar o tempo de traballo, recoñecendo que “unha duración de traballo superior a 50 horas pode ter efectos prexudiciais sobre a saúde e a seguridade dos traballadores” e que unha longa xornada de trabalo dificultaba a entrada das mulleres no mundo laboral.
Durante moito tempo España, Francia e Italia mantiveron en Europa o bloqueo ás pretensións do Reino Unido e Alemaña, que apostan por unha maior flexibilidade laboral (PP), insistindo en plantexamentos socialmente regresivos. O cambio de goberno en Francia (Sarkozy) e Italia (Berlusconi) ten debilitado este bloqueo, de aí que o Consello de Ministros da UE en xuño, (coa oposición de España) alcanzara un acordo sobre esta Directiva de ordenación de tempo de traballo, que autoriza ós Estados alongar a xornada semanal de traballo ata as 65 horas.
En breve os parlamentarios europeos terán a oportunidade de aprobar, rexeitar ou modificar esta proposta conservadora. Será nese foro onde veremos con meridiana claridade quen está a favor e quen en contra, a proba do algodón para moitos partidos como o PP que terá que decidir si está con Sarkozy e Berlusconi, que apoian esta medida antisocial, ou con Zapatero, que lidera a posición máis radical en contra desta Directiva de Tempo de Traballo, que pretende converter en norma europea o “opting out” británico, que dende 1993 permite no Reino Unido ó traballador pactar co seu empresario “libremente” o seu tempo de traballo.
Os socialistas xa fixemos e seguiremos a facer unha oposición frontal a unha directiva que nos faría retroceder ata o século XIX, e farémolo da man do movemento sindical europeo. Obxectivo a conseguir, unha maioría suficiente para rexeitar no Parlamento Europeo a proposta desta Directiva conservadora e antisocial, polo que ten de retroceso no dereito laboral europeo.
Deixar que o traballador poida pactar individualmente co empresario significa renunciar a toda unha historia legal e de loita social colectiva, que marcaría un perigoso precedente porque de seguido podería aplicarse tamén ós salarios ou mesmo ás condicións de traballo, nun auténtico e temerario “dumping” social.

No hay comentarios:
Publicar un comentario