Hai uns días ilustrábame coas propostas, sempre moi anunciadas pero nunca publicadas, do principal partido da oposición para afrontar o que para eles resulta ser a peor crise na historia deste país. Pouca historia debe ser ou pouca vontade de recoñecer o que temos avanzado para mellor nos últimos trinta anos. Felicito esta iniciativa impresa do parlamentario do PP polo que ten de ilustrativa para coñecer dunha vez esas receitas populares que nos salvarán a todos desta hecatombe nacional.
E como temía este receitario non ten desperdicio, e as súas solucións pasan por determinadas accións, ”...la principal demanda del mercado laboral formulada por los empresarios y con el objetivo de dinamizarlo es la reforma laboral,..., hoy más necesaria que nunca, y que no puede esperar más,..., a juicio de los expertos la flexibilidad es la clave, flexibilidad en contrataciones y despidos, así como fomentar la movilidad funcional y geográfica de los trabajadores,..., en segundo lugar la austeridad en el gasto público, sin que ello efecte las inversiones en infraestructuras ni I+D+I...”
Material dabondo para saber por onde irían os tiros de gobernar o partido popular. Demanda dos empresarios, reforma laboral, flexibilidade nas contratacións e nos despidos, mobilidade funcional e xeográfica, reducir o gasto público. Esta é a tan publicitada pero sempre ben camuflada receita do PP, cunha marcada intencionalidade social e política, que coma sempre sexan os de sempre os que sempre se aperten o cinto.
Porque é verdade que temos dificultades e problemas. Tras vivir anos de crecemento económico, riqueza e creación de emprego como nunca tivera o noso país, agora temos un parón moi significativo e grave. Por elo unha parte importante da cidadanía ten a percepción de estar a vivir unha crise económica profunda. Pero a pesar das adversas circunstancias internacionais (crise financeira americana, prezos do petróleo e carestía dos cereais) a recuperación vaise producir e volveremos a crecer con forza, por iso é tan importante confiar nas nosas posibilidades como país, que son moitas, e apoiar sen reparos todas cantas medidas dos gobernos, central e autonómicos, apunten cara ese propósito.
Non axuda nada a crítica desaforada e catastrofista, nin os chamamentos apocalípticos dende a pasividade activa do que agarda a que todo empeore e canto máis mellor, na previsión miserenta dunha hipotética boa colleita de votos. Na súa cegueira oportunista non se decatan de que somos moitos os convencidos da fortaleza económica do noso país, e dos seus empresarios e traballadores.
Non é falar por falar, temos activos suficientes para afrontar este período de dificultades e unha vontade indiscutible de manter e fortalecer tódalas políticas sociais, incremento das pensións, salarios e axudas ás familias, e temos instrumentos empresariais suficientes para retornar á senda do crecemento, porque España está inmersa nun proceso imparable de capitalización en comunicacións no transporte, avances tecnolóxicos e nivel de coñecemento, que hoxe en días son os tres piares básicos que un país necesita para aguantar ben nos anos malos e avanzar con forza cando os ventos sopran na boa dirección.
Contamos tamén co activo do diálogo social, que para si tiveran outros países que tamén afrontan dificultades. Acordo entre empresarios, sindicatos e Goberno nun auténtico exercicio de responsabilidade que se está a converter nunha poderosa mensaxe de confianza á cidadanía, porque estamos a falar de compromisos coas pensións, coa protección por desemprego, coa lei de Igualdade e Dependencia, da eficacia dos servizos públicos, da formación profesional e das políticas para a competitividade, ser máis innovadores e producir con máis calidade.
Da lectura pausada do escrito polo parlamentario popular dedúcese que están a falar novamente dos decretazos que restrinxen dereitos laborais (folga xeral do 2003), dos recortes nas políticas sociais ( pensións, familias, salario mínimo, desemprego, vivenda, becas, educación e saúde,...), porque falar de reducción do gasto público semella debilitar a política social, todo o contrario do que algúns pensamos, tamén este goberno. Cando as cousas veñen mal é cando máis se xustifica a acción social dun goberno, porque é precisamente nos momentos difíciles cando hai que axudar máis a quen peor está e máis o necesita.

No hay comentarios:
Publicar un comentario