Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

24 de septiembre de 2008

antenas de telefonía, necesarias pero temidas

Os servizos modernos de telecomunicacións requiren dunha infraestrutura que afecta moi directamente ó territorio no que vivimos e á vida dos propios cidadáns. A necesaria e inevitable proliferación de antenas reemisores polo territorio ten provocado unha grande sensibilidade e alarma social, en relación coa súa instalación nos núcleos de poboación, tanto rurais como urbáns.

De cando en vez asistimos a este debate público, repetitivo si, pero aínda non superado, entre as empresas de telefonía móbil e os veciños acerca da perigosidade ou non destas instalacións radioeléctricas.
Os que se opoñen, falan dos supostos perigos para a saúde e os efectos negativos sobre os inmobles. A este respecto convén sinalar os contratos de arrendamentos de azoteas, utilizadas como bases para as instalacións, por períodos de 15 a 30 anos, que a miúdo inciden negativamente no valor das vivendas afectadas, pola excesiva alarma social que suscita a súa proximidade ás vivendas.

As empresas insisten nos informes oficiais e investigacións científicas para avalar a súa inocuidade. Neste senso quero facer algunhas aportacións a modo informativo, sobre aqueles estudos científicos máis relevantes realizados ata o día de hoxe por organismos internacionais, que avalan dalgún xeito a non perigosidade deste tipo de instalacións reemisoras.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) no seu informe de xuño de 2000 afirma que ningún dos moitos e recentes informes realizados sobre campos electromagnéticos confirman que os campos de radiofrecuencias dos teléfonos móbiles, e as súas estacións base (antenas), teñan efectos adversos para a saúde dos cidadáns.
A propia “Asociación Española contra el Cáncer y los Campos Electromagnéticos” resolveu no 2004 que non se atoparan evidencias científicas que amosen relación de causa-efecto entre a exposición a campos electromagnéticos e o cancro. Moitos informes científicos internacionais abundan nestas afirmacións de que a exposición a estas radiofrecuencias, sempre que se axusten ós límites legais establecidos, non causan efectos adversos na saúde da poboación en xeral.
No ano 2001, recen chegado ó Senado, propiciei en nome do meu grupo o debate parlamentario e iniciativas lexislativas que darían lugar ó primeiro regulamento que sobre esta materia existe en España. Así naceu o Real Decreto 1066/2001 que normaliza e regula este tipo de instalacións e tenta poñer orde neste mercado das telecomunicacións. Neste senso a lexislación europea, recollida no Decreto, é tallante nos niveis de emisión destas antenas para que poidan operar legalmente.
Hoxe a potencia coa que emite e pode emitir unha estación base (antena) de telefonía móbil é normalmente de 30 vatios(poden chegar ata 170). Para facernos unha idea do que isto significa podemos facer un repaso sobre aparatos de uso común ou instalacións que nos rodean, pero non nos preocupan demasiado nin atemorizan. A potencia de emisión dun microondas é de 800 vatios, unha estación de TV, emite ata 500.000, e unha estación de radio pode chegar ós 2.000.000 de vatios.
Calquera pode te-la solución, non é difícil, levar canto máis lonxe mellor a instalación das antenas de telefonía móbil. Pero alonxar estas antenas dos centros urbáns ou núcleos rurais pode resultar unha certa contradición, porque a maior distancia da antena, necesitase maior potencia de emisión radioeléctrica.
A polémica está servida, por ser este un debate aberto nun país onde cada un de nós ten un móbil. A realidade é que todos queremos móbiles e, como non, tamén cobertura, pero ninguén queremos antenas preto das nosas casas, e este si que é un dilema dificilmente resoluble.
Por iso penso que as investigacións, como en calquera outro campo da ciencia, deben seguir abertas. Toda precaución e prevención será sempre pouca para unhas instalacións de telefonía móbil que se debaten entre a necesidade do servizo e o medo polos posibles efectos adversos. Unhas instalacións necesarias pero temidas.

No hay comentarios: