Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

20 de agosto de 2008

Traballar pola seguridade

Dende 2005, polo mes de xuño, o Goberno activa o chamado “plan verano” que ben a supoñer un significativo aumento das medidas preventivas e de seguridade, materiais e persoais, nos incendios, as posibles olas de calor, nos desprazamentos vacacionais e no conxunto das zonas turísticas. Un plan integral de seguridade que implica a 10 ministerios e supón un financiamento extraordinario que supera os 150 millóns de €uros.

Na prevención e loita contra os incendios forestais o goberno contará con 71 medios aéreos de extinción (no 2004 non chegaban a 60), 42 avións e 31 helicópteros, que se unirán ós medios propios de cada unha das comunidades. A Unidade Militar de Emerxencias (UME) creada no 2006 conta xa con 1.250 efectivos dispoñibles para loitar contra o lume, mesmo en Galicia opera unha destas compañías de intervención, onde contarán coa colaboración de patrullas preventivas doutras unidades militares.

Neste campo son moi relevantes tódalas labouras de limpeza que se fan na rede viaria e ferroviaria, con segas e podas selectivas da vexetación para evitar posibles riscos de lume. E por suposto a colaboración económica cos gobernos territoriais das CCAA para intensificar a vixilancia e limpeza dos montes.

Estamos en momentos de grande afluencia turística e continuados desprazamentos, por elo é imprescindible contar cun sistema de detección, alerta e resposta ante situacións de emerxencia, e resulta máis que necesario reforzar a vixilancia e presenza da Garda Civil e Policía tanto nas estradas como nas zonas turísticas e medios de transporte. Este é o motivo polo que nestes meses de xullo e agosto se están a realizar catro operativos especias de tráfico, aumentando a presenza dos efectivos policiais e incluso suspendendo as obras públicas nos días de grandes desprazamentos e fins de semana. O obxectivo non pode ser outro que o de axilizar, mellorar e facer máis seguros os desprazamentos vacacionais e turísticos.

No ámbito da saúde tódalas medidas preventivas son poucas. A seguridade, un valor cada día máis demandado, esixe un seguimento diario de tódolos indicadores de riscos motivados por elevadas temperaturas e situacións de emerxencia medioambiental: consellos sobre conservación de alimentos e medicamentos, exposición ó sol ou exceso de calor, programas informativos sobre viaxes, uso de drogas ou mesmo enfermidades tropicais, identificación de persoas de alto risco e vulnerabilidade como son os maiores, dependentes ou discapacitados.

Unha liña de actuación tan completa dende o punto de vista social esixe tamén un esforzo de colaboración, obriga a establecer convenios con colectivos como Cruz Vermella e Cáritas, e cos propios concellos (FEMP) para realizar campañas destinadas a estes grupos de alto risco, e para coordinar actuacións de voluntarios e servizos municipais de asistencia social.

É moi posible que a seguridade global non exista nin existirá, todos o sabemos. Pero certo é tamén que cada día son maiores os niveis de seguridade esixibles, en tódolos ámbitos da vida, por unha cidadanía que con todo dereito aspira a ter unha vida digna, tranquila e segura. Misión dos gobernantes é traballar por este novo dereito cidadán, a seguridade en todo, de todos e para todos.

No hay comentarios: