Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

12 de abril de 2010

procesión dos caladiños

En tempos da Pasión, chega o “Vía Crucis gürteliano” para o PP de Rajoy. Din algúns dos seus dirixentes, porque Rajoy cala con aplomo e disimulo, que non hai nada novo, que non houbo nin hai financiamento irregular.

Non vou ser eu de levarlles a contraria, o proceso está en marcha e a xustiza dirá. Pero si quero constatar feitos que ó día de hoxe son irrefutables e resultan clarificadores para que cada quen de nós elabore a súa propia opinión.

Catro son as Comunidades Autónomas afectadas, Madrid, Valencia, Galicia, e Castela e León. Afecta tamén a varios concellos populares, Pozuelo de Alarcón, Arganda del Rey, Boadilla del Monte, Majadahonda, e a importantes dirixentes do PP, Bárcenas, todavía Senador; Crespo, Secretario de Organización do PP en Galicia con Fraga e alto cargo de Portos con Feijóo; Camps, Presidente da Comunidade Valenciana; Rita Barberá, alcaldesa de Valencia, José Manuel Fernández, Presidente do Parlamento de Castela e León, López Viejo, ex Conselleiro de Madrid, e así ata máis de 60 deputados, alcaldes, concelleiros, e cargos públicos do PP. Coñecemos ós presuntos autores físicos da trama delictiva, coñecerase algún día ó autor intelectual.


Bárcenas, durante 20 anos tesoureiro do PP, foi figura clave desta trama dende o seu despacho, en Génova 13. Alí ten recibido moitos cartos, moitos millóns de procedencia pública que a fin de contas eran de tódolos cidadáns. O resto de imputados presuntamente participaron desta festa rachada dos regalos e as viaxes, dos boatos e os luxos, de enriquecementos e dobres contabilidades.

O sumario tamén aporta documentos contables que confirman que o PP ten financiado “irregularmente” multitudinarios actos públicos en Valencia e outros de carácter electoral en Galicia, entre 1996 e 1999, con pagos contabilizados a terceiros ou cartos procedentes da trama gürteliana, en metálico e sen factura. No caso de Galicia este montante sombrío superaría os 3 millóns de €uros.

A dirección nacional do PP non tomou ningunha medida contra de Bárcenas e os principais implicados. Son eles os que, esgotando tódolos tempos e cando a situación resulta insostible, voluntariamente se van afastando. A saber, tódolos parlamentarios separados do partido, ó día de hoxe seguen a votar co PP nas diferentes cámaras.

Neste festival popular amenizado polos Gürtel, Matas, Camps ou Fabra, e mesmo a medalla de Aznar, resoan as frases lapidarias dalgúns populares, de Aznar o divino, cando dí en Sevilla, “nuestro partido ha sido siempre incompatible con la corrupción”, e mesmo do soberbio Feijóo, “somos los más interesados en que se investigue todo”. Nada comparable coa sentencia da lideresa Aguirre, “yo he sido la que ha destapado el caso Gürtel”.

Algo cheira nos aledaños de Génova 13. Virá de dentro?. Mentres, Rajoy cala.

No hay comentarios: