A modo de lenda mariña, propoño un exercicio de simulación virtual. Nun barco navegamos por un mar encolerizado e bravío polo temporal de ventos ciclónicos que dificultan a nosa travesía e ameazan co seu afundimento nas profundas augas transoceánicas. O capitán do barco está aferrado ó temón e trata de salvar o navío, pero sabe moi ben que para elo necesitará do esforzo común de tódolos tripulantes.
Trátase de remar todos xuntos e na mesma dirección para chegar a porto seguro, para salvar o buque e así non sucumbir ós cantos das populares sereas que anunciando medo e desconfianza nos chaman para levarnos ata os cantís da desfeita nacional.
É verdade que o capitán ten a responsabilidade de aferrarse o temón para dirixir a nave a bo porto e deixarse a pel no empeño, se para elo fose preciso, pero nunca poderá ser visto coma o causante da tempestade que nos ameaza, como así pretende o segundo de abordo que, co chaleco salvavidas posto, agarda impasible que se produza a catástrofe para así poder recoller o botín do naufraxio.
Volvamos ó mundo real e interpretemos o mar embravecido e colérico como a maior das crises financeiras mundiais dos últimos oitenta anos, e identifiquemos o buque transoceánico coa bandeira española; o capitán e o segundo penso non necesitan presentación, de todos son coñecidos, porque todo parecido coa realidade é a pura realidade.
Nada debe distraer o rumbo da economía española, que castigada polas turbulencias da situación financeira internacional, trata de saír con forza desta crise tempestuosa e recuperar a creación de emprego, porque crear emprego é hoxe o que máis nos debe preocupar e ocupar.
Nada nos pode distraer desta empresa, nin os exabruptos verbais dalgúns populares, nin os micrófonos abertos da lideresa, tampouco os dedos ameazadores dos resentidos, nin as verbas agoreiras dos sempiternos perdedores.
Eles son os mesmos que seguen a pensar que canto peor para España, mellor para o PP, pero non se decatan de que o seu discurso tremendista pode volverse contra eles e deixalos á deriva nos mares do esquecemento e a mentira.
Insistir que o momento é chegado de remar todos e todas na mesma dirección e con rumbo firme, e por iso nestes días temos que falar de acordos e consensos. Primeiro porque creemos no diálogo, segundo, porque somos autocríticos cos posibles erros cometidos na percepción inicial desta crise e tamén naquelas respostas que non acertamos, e convencidos de que hai que xuntar tódolos esforzos para remontar esta situación, eso si, para saír todos xuntos e sen que ninguén quede tirado na cuneta da exclusión marxinal.
Estamos a falar de pactos, no convencemento de que acordar dende a discrepancia e a diferenza é o que mellor distingue a un verdadeiro “patriota” e, porque realmente estamos nun momento de especial dificultade da nosa economía social, onde merece a pena dialogar e acordar, polo ben do país e dos seus cidadáns.
Alba de Groria (Castelao)
Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
9 de marzo de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario