O pasado decembro foi clarificador, os Presidentes autonómicos do PP que asistiron á Conferencia de Presidentes, non así á celebración da Constitución, interpretaron “o melodrama pilatiano” do lavatorio de mans, cando se trataba de traballar contra do paro que nestes meses asola milleiros de fogares, tamén nas súas comunidades.
Coa súa covarde abstención pretenden afastarse das responsabilidades de goberno que teñen asumidas nas políticas a desenvolver contra do paro e a favor da recuperación económica. As comunidades, tamén as gobernadas polo PP, son Estado e xestionan a totalidade dos recursos públicos referidos ás políticas activas de emprego, que son da súa competencia exclusiva. Penso que algo terán que ver co paro e os medios para combatelo, algo terán que ver coa saída da crise e a recuperación da economía e do emprego.
O propio Presidente Zapatero presentou unha proposta sobre materias moi concretas, que asumía tamén propostas dos populares, na liña de acadar o consenso e sumar esforzos. Tódalas CCAA, agás as gobernadas polo PP, estiveron neste acordo, as gobernadas por socialistas e tamén as de Navarra, Cantabria e Canarias. Os propios sindicatos e patronal valoraron positivas e acertadas as medidas propostas.
O que sabemos é que os Presidentes autonómicos do PP, que previamente foran adoutrinados en Génova-3, sen ler a proposta do Goberno, anunciaron de mañá cedo que estarían “na contra”. A súa posición era perversa e premeditada, facer fracasar a Conferencia de Presidentes, porque pensan que nestes momentos o mellor para eles é o peor para España. Participan dun pensamento único: canta máis crise, máis descontento e máis votos.
Fronte ó NON do PP, as propostas do Goberno deberían conformar a verdade informativa e a conciencia cidadá. Por iso resulta lamentable que o interese electoralista dun partido prime sobre o seu sentido da responsabilidade e a defensa do interese xeral.
Dificilmente poderán explicar a súa negativa a traballar porque os traballadores manteñan ou recuperen o seu emprego, a colaborar para impulsar un novo modelo industrial, reformar o sector dos servizos ou avanzar na liberalización de sectores básicos coma o enerxético, as telecomunicacións e o transporte.
Nas críticas desaforadas do PP botanse de menos a lealdade institucional, a madurez política, a responsabilidade de goberno e o interese xeral da cidadanía. Os dirixentes populares manteñen unha posición egoísta e partidista, que non evitará que o resto de gobernos e partidos sigamos a traballar para gañar esta batalla e acadar a recuperación económica e volver a crear emprego. E dos votos xa se ocuparán os cidadáns no seu día.
Temos unha dereita incapaz de pensar e traballar en positivo, sempre contra toda proposta que veña do Goberno. Como autómatas da crispación están a ser os do non polo non. Excederon con moito os límites dunha oposición minimamente civilizada; agora son “la contra”.
Alba de Groria (Castelao)
Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
8 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario