Hai 25 anos que neste país existe unha regulación legal da interrupción voluntaria do embarazo. Nestes días estamos a debater unha reforma que a maioría entendemos como necesaria, equilibrada e razoable.
Necesaria porque 25 anos cambiaron moito a realidade social do noso país, e hoxe faise necesaria unha maior seguridade xurídica para as mulleres que deciden interromper un embarazo, e tamén para os profesionais sanitarios que interveñen no proceso.
Tamén porque nos últimos anos están a aumentar o número de embarazos en adolescentes e o número de abortos practicados. De nada serve mirar para outro lado, a realidade é a que é: hai que acometer aquelas reformas necesarias para resolver posibles carencias e impedir inxustizas sobrevidas na actual normativa legal.
O proceso elaborador de máis dun ano, previo á súa tramitación parlamentaria, ten sido laborioso, reflexivo e transparente. O resultado está a ser unha reforma legal que pretende reducir o número de embarazos non desexados, establecer limitacións que hoxe non existen e garantir os dereitos de intimidade e dignidade das mulleres, amais de incorporar importantes medidas de prevención e saúde sexual e reprodutiva.
O partido popular está en contra desta reforma, como estivo no seu día en contra da despenalización do aborto, aínda que durante oito anos que gobernaron con Aznar e Rajoy mantiveron a lei e non a aboliron. Non quero pensar que si agora non queren reformala é porque queren que se manteña a lei actual que consideran está ben. E pregúntome eu, si algún día volven a gobernar, ¿mirarán de novo para outro lado?.
Chegado a este punto, non deixo de pensar na Conferencia Episcopal e na súa máis que estridente condena pública e publicada de todo aquel que apoie co seu voto a reforma desta lei. E volvo preguntarme, ¿esta nova categoría de pecado obxectivo afectará tamén ós ministros e ministras dos gobernos de Aznar e Rajoy que durante oito anos mantiveron vixente a actual norma legal, con máis de cen mil abortos cada ano?. Non quero nin pensar que será dos políticos populares, que tamén durante oito anos de maioría absoluta do PP non lexislaron para derogar esta lei.
Se esta xerarquía inquisitorial tampouco acepta o divorcio, ¿estarán tamén os Duques de Lugo en situación de pecado obxectivo, camiño da súa ex-comunión?. A propia Familia Real que ten consentido e amparado, ¿terá que acudir tamén á confesión con arrepentimento público para recuperar o seu status espiritual e confesional ?.
Pepe Bono, actual presidente do Congreso e activo socialista cristián, dende hoxe tamén pecador público pola graza de Rouco, anda consternado porque sufrirá a ex-comunión dos bispos, mentres a un asasino coma Pinochet lle daban a comunión baixo palio. E digo eu, tanto alboroto por tan pouca cousa, porque toda a diferenza de trato está nun sinxelo ex-.
Noutro tempo e lugar dicíallo ós fariseos daquel tempo, alguén moito máis listo ca min, “a Dios lo que es de Dios, y al César lo que es del César”. ¡Qué razón que tiña!.
Alba de Groria (Castelao)
Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
15 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario