A lexitimidade de ser alternativa de Goberno non se pode manter no abandono de principios ou na incoherencia de actuación, porque a cidadanía percibirá ó final que estamos diante dun partido pouco serio e nada confiable.
Nesta mesma semana saltaba a noticia: “los presupuestos del Estado para 2009 vuelven al Congreso de los Diputados, sin debatir ni enmendar en el Senado, al prosperar el veto presentado por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) con los votos del Partido Popular (PP).” Grande triunfo político, sen dúbida, da esquerda separatista catalana apoiada pola dereita españolista e unificadora, en perfecta comunión contra o goberno socialista de Zapatero. E así foi celebrado con ovación sonora e algarabía xesticular nas bancadas populares da Cámara Alta. Nunca tanto alboroto para tan pouco.
Aqueles que non hai moito renegaban do Estatuto catalán e nos acusaban de romper España, con recollida de firmas patrioteiras e mensaxes anticatalanistas, tomaron sen ningunha rubor política a decisión de rexeitar os Presupostos Xerais do Estado porque, e transcribo fielmente as razóns últimas do veto aprobado no Senado, “los PGE no cumplen el Estatuto de Cataluña”, o mesmo, si, o mesmo Estatuto que os mesmos populares teñen recorrido diante do Tribunal Constitucional. Toda unha lección maxistral de coherencia persoal e responsabilidade política dos dirixentes actuais do PP.
Onte o Partido Popular de Rajoy pedía a dimisión do deputado catalanista Tardá por anti-español e anti-demócrata. Antonte o mesmo PP de Rajoy recorría o Estatuto de Cataluña por inconstitucional. Hoxe vota cos “ separatistas anti-españois” e “republicanos anti-demócratas” de Tardá porque precisamente o Goberno de España non cumpre co “inconstitucional” Estatuto catalán. Quedan meridianamente claros os principios e valores do principal partido da oposición: coa fin de prexudicar ó goberno socialista xustificase calquera medio de actuar de xeito oportunista, farisaico ou incoherente.
En política non todo vale, non se pode facer trampas un mesmo pensando que os demais son parvos, porque si o PP quería que o goberno perdera unha votación, debería valorar quen perde a final de contas; o Goberno socialista non, porque os presupostos quedaron aprobados definitivamente no Congreso, pola contra, si perderán miles de cidadáns que votaron no seu día partido popular, porque pensaban que coincidían en principios e valores cunha dereita moderna e seria, cada día máis lonxe da deriva populista que o Partido Popular de Rajoy está a vivir.
Esquerra fundamentou o seu veto na, segundo eles, “inxusta situación financeira de Cataluña”, da que culpa ó Partido Popular durante os gobernos de Aznar, por iso resulta realmente abraiante que os senadores populares apoiaran un veto que lles esixía unha desculpa pública e rectificación política, e transcribo literalmente :”…nuestro veto ofrece al PP la posibilidad de renunciar a sus pompas y a sus actos contra el Estatuto. Después de una campaña contra el Estatuto, su recogida de firmas y su recurso ante el Constitucional...” E digo eu, ¿enteraríanse ben os senadores do PP do que fixeron co seu voto?
Por outra banda hai que ter moita cara para pasarse semanas, previas ó debate no Senado, anunciando e vendendo por toda a xeografía española miles de emendas, algunhas de Galicia e Lugo, que sabían nunca serían debatidas nin aprobadas, porque a decisión de apoiar o veto de ERC estaba xa tomada para rexeitar os Presupostos do Estado e así prexudicar ó Goberno de España. Nin principios, nin responsabilidade, nin coherencia, nin lealdade institucional, e despois de todo isto ¿que lle queda ós actuais mandamases do Partido Popular?, con toda seguridade total desconcerto na militancia, algún desapego dos seus votantes e moita desconfianza da cidadanía.
A lexitimidade de ser alternativa de Goberno non se pode manter no abandono de principios ou na incoherencia de actuación, porque a cidadanía percibirá ó final que estamos diante dun partido pouco serio e no que non se pode confiar.
Foi un triunfo parlamentario do PP no Senado, pode que si, pero dende logo foi o triunfo efémero e mediático dun partido que se cualifica a si mesmo de responsable, pero ten sido capaz nestes tempos de votar contra todo, contra todo o que se move, contra todo o que signifique un avance, incluso contra todo aquilo que ata hoxe suporíase formaba parte da súa propia esencia política.
Os partidos que practican a miúdo o todo vale e aquilo do todo non porque si, rematan na máis absoluta orfandade de discurso político indispensable para non aparecer diante da cidadanía como políticos pouco confiables e nada respectables. E paradoxos da política, o voto popular do veto envelenado de Esquerra, que pon en cuestión a coherencia e responsabilidade do Partido Popular, non impedirá que a nosa provincia de Lugo teña conseguido o mellor presuposto social e inversor que nunca antes tivera, algo que sempre se valora e celebra, e moito máis nestes momentos que nos toca vivir, a pesar do PP.
Alba de Groria (Castelao)
Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.
15 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario