Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

11 de junio de 2008

Seguridade por dereito

A política de seguridade dun goberno democrático ten como único obxectivo acadar un país cada día máis seguro, para que tódolos cidadáns poidamos exercer tódolos nosos dereitos constitucionais, para que todos poidamos disfrutar plenamente da nosa liberdade, para que no noso país poidamos vivir sen ningún tipo de medo.

Sen medo, porque non só hai que loitar contra aquelo que xera sufrimento nas persoas, tamén hai que traballar para que se poidan sentir máis seguras e máis confiadas. Protexer, amparar e defender ós cidadáns ven a ser un dos máis altos e nobres obxectivos do goberno dun Estado.

Porque o mundo cambia a velocidade vertixinosa. Tamén o noso país se ve afectado por estes cambios, que sen dúbida condicionan a política de seguridade. A mesma consideración da seguridade policial ou militar ten resultado xa obsoleta. Nacións Unidas, dende hai décadas ven impulsando un novo concepto de seguridade, a seguridade das persoas, na que seguen presentes as tradicionais demandas de seguridade: loita contra o terrorismo e a criminalidade, prioridades como a protección dos chamados colectivos de risco: mulleres, nenos ou persoas maiores. Pero a estes riscos, chamémoslles tradicionais, se teñen sumado outros máis recentes, que entran na categoría de graves ameazas para a seguridade nacional: o terrorismo internacional, a criminalidade organizada, o tráfico de armas ou mesmo as catástrofes medioambientais.

Afrontar estas novas ameazas e reduci-las nosas vulnerabilidades require dun traballo conxunto e coordenado de moitas persoas, organismos e países. Os desafíos son de tal magnitude que so dende o conxunto das institucións do Estado se lles pode facer fronte, poñendo en común obxectivos e recursos para afrontar con eficacia as tarefas de prevención e as de intervención.

Resulta pois evidente o obxectivo: facer que o noso país sexa cada día máis seguro fronte a tódalas ameazas, facer que o conxunto dos cidadáns e as nosas institucións sexan máis seguros fronte ó terrorismo e o crime organizado; máis seguros nas rúas, no rural en nas cidades, tamén nos fogares; máis seguros ó circular polas estradas; máis seguros e protexidos fronte ós riscos das catástrofes naturais, climáticas, industriais, do transporte; máis seguros, en definitiva, para que tódolos cidadáns disfruten e exerciten libremente os seus dereitos e liberdades que a Constitución española consagra.

No hay comentarios: