Alba de Groria (Castelao)

Miñas donas e meus señores:
Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla dunha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, até as rías de Pontevedra, oureladas de piñeiraes; dende as serras nutricias do Miño e a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas dentrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria.

21 de junio de 2008

desaznarización popular

Cada día evidenciase máis a brecha aberta no PP de Rajoy, mentres continúa a OPA mediática e “amigable” no partido popular; cantos de serea que navegan impasibles polo mundo das ondas populares para debilitar, canto máis mellor, ó líder popular na espera da chegada dun salvador-candidato. Estratexia de desgaste político, á que non son alleos medios de comunicación nin conferencia episcopal, poderes fácticos de sempre no universo vital da dereita natural deste país.

Son moitas as voces que sen ningún reparo anuncian a pegada da lideresa nacional e do xefe dos bispos, Esperanza e Rouco, nesta manobra conspiradora que ó día de hoxe conta cun obstáculo infranqueable en Valencia na figura de Camps, a lo menos de momento.

Seguramente non haberá sorpresas no Congreso popular, salvo que Aznar “el grande” decida abandona-los cuarteis de inverno do seu ben mantido estilo de vida americano, e irrompa no escenario para indicarlle amablemente a Mariano o camiño do retiro voluntario e definitivo. Todo é posible neste PP de cirios e troianos.

Penso que o líder popular gañará con toda seguridade no Congreso de Valencia e será elixido presidente do PP, con toque de aviso na forma do voto en branco si, pero sairá elixido. E digo ben, elixido, porque no 2004 fora designado por Aznar. Rajoy sabe, porque parvo non é, que nesta ocasión tan só conseguirá un cheque con data de caducidade e poucos fondos. Rajoy será despois de xuño un supervivente do partido que no seu día non quixo asumir que perdera as eleccións.

Resulta difícil entender que aquel que fora no seu día home de Aznar, sempre sometido á súa influencia, queira ser agora a persoa que “desaznarice” o partido popular. Os contrarios a este proceso de renovación do principal partido da oposición, cunha estratexia devastadora chegan a invadir os terreos vergoñentos do insulto e a infamia. Agora se lle acuse de traizoa-la memoria das víctimas do terrorismo; é curioso que esta sexa a mesma acusación que no seu día el lanzara contra o Presidente Zapatero no debate do Estado da Nación (2004). ¡ cantas voltas da esta vida !

E digo eu que non é xusto este trato recibido daqueles que no seu día o adulaban, de todos é sabido que non hai peor cuña que a da propia madeira. Non é xusto porque acusacións desta calaña son unha indecencia política e porque Rajoy non é o único responsable deste bodevil que se está a vivir en Génova-13 dende os “idus” de marzo.

No hay comentarios: